III Feira do Libro Anarquista da Coruña

A III Feiro da Libro Anarquista da Coruña, que organiza o colectivo Refuxios da Memoria en colaboración coa editora libertaria da Coruña Bastiana e mais con Ardora (s)ediçons anarquistas, levará a vindeira fin de semana a cultura editorial libertaria ao barrio do Orzán.

O encontro, que terá lugar desde o venres 13 até o domingo 15, contará cun mercado na rúa Boquete de Santo André e inclúe máis dunha vintena de presentacións e actividades espalladas entre o Circo de Artesanía e distintos locais hostaleiros da contorna.

Máis de trinta editoriais e colectivos chegados da península ibérica e Brasil achegarán as súas novidades ereflexións a través de presentacións, mesas redondas, palestras e obradoiros, que se suman ao mercado ao aire libre que se instalará, como en anos anteriores, na rúa Boquete de Santo André ao longo do sábado e o domingo, desde as 11.00 ata as 21.00 horas.

Fecha inicio: viernes, 13 de septiembre de 2024 11:00
Fecha fin: domingo, 15 de septiembre de 2024 21:00
Lugar: Orzán
Dirección: Orzán
Volver a la Agenda

Próximos eventos

viernes 13
sábado 14