Duración: 35 min aprox.
Público: Familiar con bebés desde 6 meses.
As estrelas chiscarán o ollo e as luces cálidas dos fogares abriranse, mentres os máis pequenos de casa, ao ritmo dunha sutil melodía, pecharán os ollos entrando nun soño doce e profundo. É nese momento cando chega “Madame Lumière”. Ela encargarase de darlle vida aos soños ao longo de toda a noite: soños en mares profundos, soños de nenez, soños en carpas de circo… e incluso en algunha pesadilla. A noite rodeada dun espazo sonoro e dunha delicada banda sonora interpretada con unha exquisita excelencia, chegará ao amencer, a hora de espertar e gozar do recordo dos soños vividos durante esta fermosa noite.
Dirección artística, guitarra e voz: Faló Garcia i Pellejà.
Dirección escénica: Anna Castells.
Dramaturxia, actriz e cantante: Aina Sánchez.
Dirección musical, piano, saxo e voz: Maria Cruz.