Teatro para familias: Nanai de la china

Nanai naceu unha noite sen lúa. Os seus veciños e veciñas rexéitana desde que nace, por pura superstición. Ela só sabe dicir que non e axudar o seu avó a cultivar o arroz máis delicioso desta beira do río Yangtsé en compañía de Chispúm, un simpático búfalo de auga. Para loitar contra a estúpida superstición da xente Nanai e o seu avó elaboran un plan que non sempre sae tan ben como imaxinaron. Nanai da China é un espectáculo de teatro para público familiar onde os monicreques e os actores se fusionan para representar un conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.

Texto orixinal: Xabier Romero.

Adaptación e dirección: Victoria Pérez.

Elenco: Victoria Pérez, Manu Fernández.

Compañía: Pérez&Fernández.

Premio María Casares na categoría de monicreques 2024.

Público: + 5 anos.

Duración: 50 minutos.

Espectáculo en galego.

Fecha inicio: sábado, 23 de noviembre de 2024 18:00
Lugar: Forum Metropolitano A Coruña
Dirección: Rúa Río de Monelos, 1, 15006 A Coruña
Volver a la Agenda

Próximos eventos