Presentación dos poemarios de Miguel Rodríguez Rico

O martes 8 de abril ás 19.30 horas presentarase no teatro As Torres os poemarios Inspiración tiene nombre de mujer e Del desamor también se aprende de Miguel Rodríguez Rico.


A obra Inspiración tiene nombre de mujer está formada por vinte poemas e un epílogo nos que trata os aspectos da busca, o desencontro e a aprendizaxe. A temática principal é o amor, pero tamén presenta outras circunstancias como a soidade, o fracaso e a esperanza.


O poemario Del desamor también se aprende aborda o tema do desamor. Un traballo de introspección e reflexión persoal, pero tamén de paixón e lamento. Unindo melancolía e nostalxia, agradecemento e aprendizaxe, entrelázase na arte de vivir e aprender.


Miguel Rodríguez Rico é estudante de xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicados catro libros: Claroscuro, Divagar, Del desamor también se aprende e Inspiración tiene nombre de mujer. Defínese como un apaixonado da literatura, destacando pola súa sensibilidade e capacidade para canalizar e plasmar as súas inquietudes de forma literaria.


No acto intervirán Miguel Rodríguez Rico e Carmen Abella Rodríguez e recitarán poemas Antón Vázquez Seoane, Eva Cotelo Pérez e Uxía Veira Parcero.


Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo.

Fecha inicio: martes, 8 de abril de 2025 19:30
Fecha fin: martes, 8 de abril de 2025 21:30
Lugar: As Torres
Dirección: As Torres, Oleiros, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

martes 8
miércoles 9