Concierto de Rubén Simeó e a banda Sementeira de Cambre

A banda Sementeira de Cambre acompañará o trompetista Rubén Siméo na presentación na Coruña do seu último disco, 'Close to you'. 


O concerto será o domingo 20 de outubro ás 19.00 horas no centro Ágora. 


O artista vigués, nado en 1992, amosou un talento excepcional desde moi novo. Proba delo é a sua participación como solista, con tan so doce anos, no Concerto de Nadal coa Orquestra de RTVE ou a participación ao ano seguinte na Semana Internacional de Trompeta de Bruxelas, da man de Maurice André.


Desde entón é un invitado habitual de orquestras e bandas sinfónicas de todo o mundo e a sua presencia é requirida en concursos e certames internacionais, cursos, clases maxistrais e eventos musicais de primeiro orde.


Grabou numerosos traballos con distintas formacions musicais e na actualidade é un dos concertistas de trompeta máis apreciados.


Neste momento presenta por toda España o seu último traballo e na Coruña faino da man da Banda Sementeira de Cambre, unha das formacións musicais mais relevantes da nosa contorna e que aúna xuventude e gran calidade contando con intérpretes de grande formación musical malia ser, na súa maioría, aínda xente moza.


A Banda Sementeira ten compartido escenario, nestes anos, con intérpretes e artistas de grande calidade como Abraham Cupeiro o Quinteto clásico Rubato ou o tenor Pedro Martínez e a soprano Marina Tenas. Nesta ocasión acompañará ao trompetista Rubén Simeó nun concerto para desfrutar de clásicos do século XX como "My way" "Can't help falling in love" ou "Ballade for Adeline". Melodías que todo o mundo desfrutará interpretadas por un artista excepcional.



Entradas nas taquillas da Praza de Ourense ou do Ágora e online en Ataquilla.

Fecha inicio: domingo, 20 de octubre de 2024 19:00
Fecha fin: domingo, 20 de octubre de 2024 21:00
Lugar: Ágora
Dirección: Ágora, Ronda de Outeiro, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos