Homenaxe a Miguel López, autor, mestre e humorista coñecido como "Hematocrítico" que faleceu de forma inesperada o pasado ano, deixando un importante legado tanto na literatura infantil como no humor e nas redes sociais. A mostra ‘Hematocrítico Ilustrado’, organizada polo Concello en colaboración con HematoFesti e comisariada por Matilde Rodríguez, abrirá ao público o próximo 5 de novembro na sala de exposicións de PALEXCO e poderá visitarse ata o 6 de xaneiro de 2025.