Roteiro das Irmandades da Fala

Este sábado , día 30 de novembro, ás 17 h, faremos o roteiro das Irmandades da Fala. Trátase dun paseo pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas das Irmandades. 

Serán seis espazos para resumir a pegada das Irmandades:

  1. Johán Vicente Viqueira quen foi Primeiro Conselleiro da Irmandade da Coruña.
  2. Manuel Lugrís Freire,  un dos prmeiros que dá un mitin en galego (1907), o 1º que escribe unha gramática en lingua galega… rúa de Santo André nº  200-202
  3.  Rúa Álvaro Cebreiro figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, é autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’. 
  4. Rúa Real nº 36, Casal de María Miramontes e Ánxel Casal e onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal  na editorial  Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré). 
  5. Paramos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades.
  6. Para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades da man dos irmáns Vilar Ponte.

Sairemos ás 17 horas desde diante do Instituto Eusebio da Guarda. Aquí traballou como catedrático de Filosofía, entre 1917 e 1924, Johán Vicente Viqueira e desde aquí pulou pola galeguización do ensino, a escolarización plena das mulleres e  reclamou a aproximación normativa da escrita da lingua galega á lingua portuguesa. Viqueira destacou como filósofo, estudoso da psicoloxía, político, docente, pedagogo, tradutor, poeta, músico… Neste ano, que conmemoramos o centenario do seu pasamento, dedicamos este roteiro á memoria de quen foi Primeiro Conselleiro da Irmandade da Fala da Coruña.

A duración aproximada é de hora e media. Non é necesaria inscrición.

Organizamos esta actividade, ademais de nós, varias asociacións que veñen realizando numerosos actos no centenario Johán Vicente Viqueira

ACLP Roxín Roxal, AC Eira Vella, AC Irmáns Suárez Picallo, Lar de Unta, CPI Cruz do Sar, IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Proxecto Pesquedellas,  Zona Hadal, Rede Cultural Betanzos e Bisbarra.

Fecha inicio: sábado, 30 de noviembre de 2024 17:00
Fecha fin: sábado, 30 de noviembre de 2024 18:30
Lugar: Eusebio da Guarda
Dirección: CEIP Eusebio da Guarda, Plaza Pontevedra, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

lunes 2
miércoles 4