A Real Academia Galega e a Delegación da Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) renderanlle homenaxe o mércores 4 de decembro a Andrés Fernández-Albalat Lois (A Coruña, 19242019) co gallo do centenario do seu nacemento. Baixo o título Andrés Fernández-Albalat. Arquitecto da memoria, o acto dedicado ao académico de número desenvolverase na delegación coruñesa do COAG (Federico Tapia, 64) a partir das 18:30 horas. A entrada é libre.