Historias para entender o cambio climático

Este mércores, día 4 de decembro, ás 19.30 h, terá lugar unha nova sesión do ciclo Pensando a Ciencia: historias para entender o cambio climático.

Esta sesión do ciclo de ciencia está dedicada ao cambio climático e será impartida por un dos expertos na divulgación das consecuencias do cambio climático, Juan F. Samaniego. Falaranos, en primeiro lugar, dos impactos do cambio climático que xa son reais en Galiza, para logo comentar as claves do cambio climático a través dos seus “descubridores” e rematar cunha terceira parte na que se dará resposta ás principais dúbidas que acostuma a ter a cidadanía sobre este tema e de como das nosas dúbidas se aproveita o negacionismo.

Juan F. Samaniego é xornalista, traballou no Faro de Vigo e na revista Muy Interesante. Na actualidade é xornalista freelance, nos últimos anos centrado nos campos da ciencia e o medioambiente. Tamén colabora habitualmente co blog de Willis Towers Watson España.

Na actualidade, coordina e edita a newsletter semanal sobre medioambiente Planeta Mauna Loa en colaboración con Tania Alonso Cascallana.

Fecha inicio: miércoles, 4 de diciembre de 2024 19:30
Lugar: XD da AC Alexandre Bóveda
Dirección: Calle San Andrés 36, A Coruña, 15003 La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos