A proposta do grupo Zafra baséase na presentación dun repertorio orixinal composto e arranxado na súa maior parte polo baixista e contrabaixista Charly Drop, membro fundador do grupo. O conxunto de pezas que Zafra presenta no seu directo inclúe tamén versións de obras moi representativas do repertorio de jazz latino, escollidas de xeito orixinal, co obxectivo de crear un repertorio novo e entretido para o público.
Integrantes: Charly Drop (contrabaixo), Iago Mourinho (teclados), Miguel Cabana (batería), Diana Tarín (Voz), William Díaz Pozo (Trombón) e Pablo Añón (saxofón)