Marina Artero e Raquel García, en Marineda City

As futbolistas do Dépor ABANCA Marina Artero e Raquel García visitarán Marineda City este mércores 5 de febreiro ás 18:15 para ter un encontro con afeccionados e afeccionadas.

As xogadoras estarán  no corredor de deportes do centro comercial, na zona de videomarcador fronte á Déportienda. Os clientes de Marineda City poderán coñecer á centrocampista e á defensa, fotografarse con elas e pedirlles autógrafos. 

Previamente ao encontro coa afección haberá un meet&greet das futbolistas coas nenas gañadoras do sorteo que puxo en marcha nas súas redes sociais o centro comercial.

Neste acto, as 11 afortunadas terán a oportunidade de charlar coas xogadoras e preguntarlles sobre a súa carreira como deportistas profesionais, ademais de facerse fotos.

Esta iniciativa, destinada a dar visibilidade ao fútbol feminino e contribuír ao fomento das vocacións, enmárcase na acción 'Marineda Experience x Dépor ABANCA', na que as 11 nenas gañadoras do sorteo, ademais de gozar do encontro coas xogadoras, poderán asistir a un adestramento para coñecer as dinámicas que desenvolve un equipo de Primera División, disporán de entradas para o que queda de temporada e terán unha camiseta asinada. 

Fecha inicio: miércoles, 5 de febrero de 2025 18:15
Lugar: Marineda City
Dirección: Marineda City, Carretera Baños de Arteixo, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 5
jueves 6
viernes 7