Proxección de 'Soidade'

Este luns, día 17 de febreiro, ás 19.00 horas, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza unha nova sesión do Cineclub Bóveda. Esta vez coa película Soidade (1928).


Director húngaro que emigrou a América fuxindo da represión dos anos do “terror branco”, Paul Fejos, fixo algúns filmes primeiro en Hollywood e logo en Europa antes de reinventarse como cineasta especializado na etnografía e a antropoloxía. A máis coñecida das súas películas é LONESOME (SOIDADE), unha fermosa historia de amor entre un home e unha muller da clase obreira que forma parte do Rexistro Nacional de Filmes da Biblioteca do Congreso dos EEUU.

Fecha inicio: lunes, 17 de febrero de 2025 19:00
Fecha fin: lunes, 17 de febrero de 2025 21:00
Lugar: Asociación Cultural Alexandre Bóveda
Dirección: Asociación Cultural Alexandre Bóveda, Calle San Andrés, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos