Conferencia de Tito Concheiro, "A singularidade da cultura castrexa: celtas e galaicos"

O xoves 20 de febreiro, ás 20 horas en Portas Ártabras, terá lugar unha conferencia impartida polo arqueólogo Tito Concheiro Coello titulada: “A SINGULARIDADE DA CULTURA CASTREXA: CELTAS E GALAICOS”.

Unha das cuestións que suscita máis debate na arqueoloxía galega é a identificación dos castros prerromanos cos celtas: os asentamentos, os artefactos, entre eles a sorprendente ourivería, torques e arracadas, as descricións das súas costumbres fan da cultura castrexa algo singular con paralelismos cos “hillforts” británicos… todo o que animou ao movemento galeguista dos anos modernistas a afianzar a súa identidade no Panceltismo.

Ao respecto o arqueólogo Tito Concheiro Coello aclarará conceptos e mergullaranos na máis profunda arqueoloxía galega.

Entrada libre ata completar aforo.

Fecha inicio: jueves, 20 de febrero de 2025 20:00
Fecha fin: jueves, 20 de febrero de 2025 21:30
Lugar: Portas Ártabras
Dirección: Rúa Sinagoga no 22, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

viernes 21
sábado 22