Presentación do libro "A árbore desvelada" de Xavier Seoane

Este mércores, día 12, ás 19:30h terá lugar na AC Alexandre Bóveda  a presentación do novo poemario, A árbore desvelada, de Xavier Seoane, publicado na colección Tambo de KALANDRAKA.

A árbore desvelada traza unha paisaxe afectiva e moral na que cada poema rende homenaxe a persoas, feitos e lugares que marcaron a vida do autor. Son versos de gratitude, de exaltación da felicidade e tamén de denuncia fronte á destrución ambiental ou ás guerras.

Acompañarán ao autor a poeta Eva Veiga e o director da colección, Luís Rei Núñez.

Fecha inicio: miércoles, 12 de marzo de 2025 19:30
Fecha fin: miércoles, 12 de marzo de 2025 21:00
Lugar: AC Alexandre Bóveda
Dirección: Rúa San Andrés 36, 1o, A Coruña, 15003 La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos

miércoles 12
jueves 13