Dano Cerebral Galicia, a Federación que reúne as cinco asociacións desta discapacidade que hai na nosa comunidade autónoma, leva o 18 de marzo á comarca de Betanzos dúas charlas que teñen como obxectivos informar sobre as causas -como o ictus ou os traumatismos cranioencefálicos-, describir as secuelas, sensibilizar sobre a prevención, e achegar referencias sobre os recursos de atención ao dano cerebral adquirido dispoñibles na contorna.
Estas sesións informativas están organizada en colaboración cos Concellos de Aranga e de Betanzos. A primeira, en Aranga, vai ter lugar o martes 18 de marzo ás 11:00 no Local Anexo ‘Escuelita’ (CEIP La Castellana). A segunda, en Betanzos, será o mesmo día pero en horario de tarde, ás 16:30 no Departamento de Servizos Sociais, con sede no edificio das Antigas Escolas García Hermanos (Praza do Emigrante, 1).
Trátase de actividades abertas a todo tipo de público, dunha duración estimada de hora e media. Aínda que a asistencia é de balde, é preciso inscribirse. Este trámite pode realizarse chamando ao 981 793 590 (no caso do Concello de Aranga) ou ao 981 770 707 (para o Concello de Betanzos)