Conferencia | “Proxecto Legatum”

O vindeiro 18 de marzo terá lugar ás 20 horas na Academia Galega de Belas Artes a conferencia sobre o “Proxecto Legatum”, impartida polo reposteiro Miguel Ángel Mosquera Rey. 

A charla estará dividida en:

Repostería e/é cultura:

Neste apartado falarase do vínculo de Fina Rei coa cultura, quen  levou a andar ese camiño para transmitir algunha das nosas creacións. Unha forma de colaboración que non se adoita facer e que convirte o noso labor en algo máis que repostería.

Chocolate como material:

Vaise falar do proxecto LEGATUM que ten como materia prima principal o chocolate. É por iso que pensamos que sería interesante expoñer diversas técnicas que se poden aplicar ao chocolate para poder traballalo como se fose un material de creación artística co fin de acadar diversos acabados e funcionalidades.

Fecha inicio: martes, 18 de marzo de 2025 20:00
Fecha fin: martes, 18 de marzo de 2025 22:00
Lugar: Real Academia Galega de Belas Artes
Dirección: Real Academia Galega de Belas Artes, Plaza del Pintor Sotomayor, A Coruña, La Coruña, España
Volver a la Agenda

Próximos eventos