Este mércores, 19 de marzo, o CEIDA, en colaboración co Concello de Oleiros e a Deputación da Coruña, organiza a proxección do documental ‘Salvaxe, salvaxe’, do director ourensán Emilio Fonseca, producido por Walkie Talkie Films. A película, premiada xa en seis festivais de cine como o de Málaga ou Guadalajara (México) e finalista aos Premios Mestre Mateo como mellor documental 2024, adéntrase nos montes galego-portugueses rastrexando imaxes e ausencias do lobo ibérico, para cuestionar a relación entre humanos e non humanos.
O preestreno levarase a cabo no Auditorio de A Fábrica do Concello de Oleiros (Calle del Inglés, 13, Perillo), ás 20 horas, e ao remate do mesmo, contará cun coloquio co director Emilio Fonseca, e a coprodutora e coguionista, Xiana do Teixeiro.