Aberta a convocatoria do LXXXIV Premio Pérez Lugín dedicado ao centenario da radio

Aberta a convocatoria do LXXXIV Premio Pérez Lugín dedicado ao centenario da radio
Jurado del Premio Pérez Lugín del año 2023

A Asociación da Prensa da Coruña convoca a LXXXIV edición do premio Pérez Lugín que nesta ocasión ten como tema: “Cen anos de radio”. 


Con motivo do centenario do xurdimento do medio de comunicación non soamente o tema da convocatoria será a radio, senón que ademáis o xurado estará conformado por representantes de cadeas que emiten en A Coruña. Unha edición máis a convocatoria e posterior galardón desenvólvese grazas a colaboración do Concello da Coruña.


Os interesados poderán enviar os seus escritos ata o vindeiro 29 de novembro. Trátase dunha convocatoria aberta a todo aquel que o desexe, pero soamente poderán presentar un traballo, enmarcado en calquera xénero periodístico. Os traballos deberán ser inéditos e estar escritos indistintamente en galego ou castelán, cunha extensión máxima de 5.100 caracteres.


Presentación dos traballos
As obras deberán ser enviadas en papel por correo certificado e en soporte informático (formato Word ou PDF), á Asociación da Prensa da Coruña, en sobre pechado e ao seguinte enderezo rúa/ Durán Loriga, 10-4. 15003, A Coruña. 


O sobre levará un seudónimo, un lema e a indicación “Premio Pérez Lugín”. No interior irá un segundo sobre, có lema e o seudónimo do exterior, no que se incluirán os datos do autor (nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto) e un breve currículum.


Os traballos tamén poderán ser enviados por mail cun correo electrónico creado co seudónimo baixo o que se presenta o autor e co mesmo lema no asunto. O autor non debe identificarse de ningún modo ou o traballo quedará automaticamente eliminado.


O envío do mail non exime de remitir o sobre co traballo en papel cos correspondentes sobres que si identifican ao autor. 


O premio para o traballo gañador será unha figura de Sargadelos, así como 3.000 euros. O acto de entrega ao galardoado será no no Concello da Coruña, entidade que a súa vez colabora na realización desta convocatoria. 
 

Aberta a convocatoria do LXXXIV Premio Pérez Lugín dedicado ao centenario da radio

Te puede interesar