Antón Reixa (Vigo, 1957) é unha das figuras máis relevantes da cultura galega á que chegou dende a carreira de Filoloxía, tras pasar pola docencia, e da man da inspiración de Xose Luis Méndez Ferrín. Música, cinema, televisión, teatro, escritura, .... non hai eido que resista a súa desbordante creatividade e sensibilidade.
Os poemas que aparecen en ‘Enciclopedia perplexidade’ os máis especiais para vostede?
O encargado da selección foi o profesor e escritor Xabier Cordal. Pode ser que falte algún texto pero todos os que están son os que deberían estar. Interésame máis o punto de vista do antólogo que o meu propio.
Cordal –prologuista da obra– di que o mellor Antón Reixa aparece como escritor. Está dacordo?
A verdade é que é así. Eu me considero un poeta, é o territorio onde me sinto máis a gusto e que me gustaría que quedase para despois de min. A decisión de ser poeta foi consciente e de todos os ámbitos nos que me movín é o máis constante na miña creación. En principio non buscaba editar os poemas, agora traballo con mais vontade de que sexan editados.
Como definiría ‘Enciclopedia perplexidade’?
A motivación da miña poesía é a perplexidade, ese sentimento de desconcertó ante o mundo e as cousas que ocorren, expresado con ironía. A ironía nos axuda a soportar mellor a vida e practiqueina na miña poesía.
Falando de perplexidade, que cousas o deixan perplexo hoxe?
Fundamentalmente é a vida e o paso do tempo. O funcionamento da sociedade en xeral tamén me transmite esa perplexidade.
Hai alguna relación entre os textos que recolle o libro e a intrigante vaca amarela da portada?
(Risas) Como neno criado na cidade as vacas me producían perplexidade porque non tiña oportunidade de ter ningunha próxima. Antropolóxicamente tamén está moi vinculada á esencia de Galicia e integreina moito nos meus textos. Creo que nunha vaca hai unha actitute rumiante que a fai ser o mamífero que máis se parece a nós. E logo eu nunha vaca vexo beleza, poucas cousas hai tan bonitas como a mirada dunha vaca.
Da súa traxectoria audiovisual, que lembra con máis agarimo?
Sen dúbida a serie ‘Mareas vivas’, estou moi agradecido de formar parte daquel equipo. Tamén estou moi agradecido á oportunidade de adaptar ao cinema a novela de Manolo Rivas ‘O lapis do carpinteiro’.
‘Mareas vivas’ é canteira de grandes intérpretes do panorama español. Como se sinte iso?
É moi relevante a posta en valor de que hai un grande talento actoral en Galicia que finalmente tiña que ser tamén constatado fóra de Galicia.
‘O lapis do carpinteiro’. Como enfrontarse ao texto doutro titán da cultura galega e á represión franquista?
Para min era importante, son neto dun republicano. Eu e o resto do equipo tiñamos claro o compromiso que supuña e que se deriva da obra de Rivas, que está baseada en feitos reais e ese feito real hai que contalo porque en contra do que normalmente se puido pensar que Galicia foi un territorio rebelde e insumiso fronte ao golpe de Estado de Franco.
‘Michigan acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma’. Hai un Antón Reixa antes e outro despois deste traballo?
Sufrir un accidente e pasar por un coma inducido de 18 días marca un fito importante. Para min supuxo a convivencia coa dor, gañar moita calidade de vida e me convertín nun artista cento por cento. Iso é algo que eu non tiña a valentía de facer antes dese accidente. Escribín ese libro para facer contas conmigo e síntome moi reconfortado porque houbo persoas que pasaron polo mesmo e se sentiron identificadas.