O restaurante Árbore da Veira (*) acollerá o próximo 3 de abril a primeira semifinal do prestixioso concurso gastronómico 'Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano 2025-2026', un certame que cumpriu 20 anos en 2024. Este evento conta co apoio da área de turismo da Deputación da Coruña, “co obxectivo de situar a nosa gastronomía no epicentro estatal do sector, acollendo nosa provincia a chefs de referencia de todo o Estado” sinalou o vicepresidente, Xosé Regueira.
Este acto, que estará aberto ao público previa reserva, comezará ás 10.00 horas e rematará ás 19.00 horas. Durante o certame, pola mañá, terán lugar as probas de Camareiro/a do Ano e varias presentacións, entre as que destaca a do chef Luis Veira co título “Gastronomía na Coruña: fonte de turismo sostible”, outra do chef Sergio Bastard (La Casona del Judío*) onde se destacará o uso de verduras na cociña, e unha terceira ofrecida polo chef alicantino Joaquín Bañez, gañador do concurso Cociñeiro/a do Ano en 2014 co título “Tradición e esencias de Alacante”. Durante o acto haberá unha degustación de AOVEs a cargo de Josep Palau Cabaleto e un showcooking ofrecido por Luis Veira co apoio da Deputación da Coruña.
Pola tarde, terán lugar varias charlas, entre as que destaca unha sobre o impacto do turismo no territorio, na que participarán o vicepresidente, Xosé Regueira, a cociñeira Iria Espinosa, e o prestixioso sumiller, escritor e consultor enogastronómico Alejandro Paadín. Así mesmo, a asesora culinaria Silvia Antón ofrecerá un showcooking con produtos vexetais mentres que a profesional de sala Mireia Riba, gañadora do concurso Camareiro/a do ano 2022, ofrecerá a ponencia “A nova era dos zumes na mixoloxía”.
A partir das 18.00 horas daranse a coñecer os tres cociñeiros e tres camareiros que se clasificarán para a final do certame que terá lugar en 2026 na feira Alimentaria-Hostelco de Barcelona, e entregaranse os premios e diplomas. Cabe destacar a colaboración do CIFP Paseo das Pontes, onde os seis cociñeiros e os seus respectivos axudantes elaborarán os pratos cos que esperan conquistar ao xurado, como fixo Beatriz Sotelo, gañadora deste concurso en 2008 e actual profesora do CIFP.
A primeira semifinal do concurso ‘Cociñeiro/a e Camareiro/a do Ano' conta cun xurado excepcional no que destacan varios profesionais da hostalería da provincia. Por unha banda, os cociñeiros Iván Domínguez (NaDo, mención na Guía Michelin); Luis Veira (Árbore da Veira, unha estrela Michelín e dous soles de Repsol) e Álvaro Victoriano, presidente de 'Coruña Cocina', formarán parte da comisión de valoración do 'Chef of the Year'. Pola outra banda, os profesionais de sala Ana Méndez, xefa de sala e sumiller do restaurante Retiro da Costiña, en Santa Comba; o padronés Miguel López, gañador do Premio Camareiro/a do Ano 2024 e sumiller xefe do Restaurante Garena, en Biscaia; Manel Oliveira, profesor do CIFP Paseo As Pontes; Manuel Otero, xefe de mesa, sumiller e encargado da taberna Salpica (Mar en Barra); e o sumiller e conselleiro delegado de Paadín Eventos, Alejandro Paadín, son algúns dos profesionais que avaliarán as probas de mesa e barra dos concursantes do 'Camareiro/a do Ano'.
Os outros membros do xurado da semifinal do concurso de Cociñeiro/a do Ano son Joaquín Baeza (Restaurante Baeza & Rufete, estrela Michelin e sol Repsol); Sergio Bastard (La Casona del Judío, unha estrela Michelín, unha estrela verde e dous soles Repsol); Miguel Ángel de la Cruz (La Botica de Matapozuelos, unha estrela Michelín, unha estrela verde e dúas soles Repsol); Raúl Resino (Raúl Resino Restaurante, unha estrela Michelín e dous soles Repsol); Toño Rodríguez (La Era de los Nogales, estrela Michelín e sol Repsol); Nacho Rojo (mellor cociñeiro de Castela e León en 2009); Marco Varela (Sábrego, sol Repsol e mención na Guía Michelin); e Sergi Martínez como director técnico do xurado. Cómpre salientar que moitos dos membros do xurado foron gañadores ou finalistas do concurso de Cociñeiros do Ano.
Os seis chefs competidores que estarán nesta primeira semifinal son Carlos Beltrán (Hotel Restaurante MontSant, Xàtiva), Guillermo Collado (Fresco Marina, Sotogrande), Mathew Lee (Grupo Madi, Mijas), Jorge Lengua (La Suculenta, Benicàssim), Pola Hemaia (L’Alkimista, Reus) e Taigoro Su Salamanca (I Salamanca).
Xurado e participantes da semifinal coruñesa do Concurso Camareiro/a do Ano
O xurado da semifinal coruñesa do concurso Camareiro/a do Ano complétano outros grandes profesionais do bar a nivel nacional como Óscar Solana (Cóctel bar Santander 1941 e Coctelería Solía, Santander), Nuria Basurto (presidenta do Colexio de Bartenders de Castela e León) e Iratxe Miranda (xerente do bar e co-restaurante de Avil Yumeés). Mireia Riba, gañadora do concurso Camareiro/a do ano 2022, será o xurado técnico de bar e o veterano Mariano Castellanos será o xurado técnico de mesa. O recoñecido maître e sumiller murciano, Antonio Chacón, exercerá de presidente e coordinador do xurado. En canto aos participantes, a coruñesa Sonia García (El Estudio Gescahoteles, Santiago de Compostela) loitará por conseguir unha das tres prazas para clasificarse para a final do certame 'Camareiro/a do Ano', xunto a Marcos Eiré (Tres Portas, Chantada), Paulí Gros (La Masia de Germans Parareda, Sallent), Javier Jiménez (Restaurante, Zaragoza) Restaurgo Arango, Javier Jiménez (Restaurante, Zaragoza, Santiago de Compostela) e José Miguel Villanueva (Hotel Rural Coto de Quevedo *, Torre de San Juan Abad).