A Batalla Naval iluminará o ceo da Coruña con máis de 12.000 unidades pirotécnicas

A Batalla Naval iluminará o ceo da Coruña con máis de 12.000 unidades pirotécnicas

O vindeiro luns, 14 de agosto, A Coruña acollerá unha nova edición da Batalla Naval na enseada do Orzán. O espectáculo, que contará cunha tirada de 735 quilos de fogos piroctécticos, ten unha duración prevista de 21 minutos.
 

Como é habitual, dispoñeranse dúas zonas de disparo dos fogos. A principal estará situada na coiraza das Escravas, desde onde se lanzarán 2.251 unidades pirotécnicas e a segunda zona de disparo será a Finca dos Mariño, onde se dispararán 3.975 unidades.
 

En total, nos 21 minutos previstos de duración realizaranse un total de 3.898 disparos, 2.251 dende as Esclavas e 1.647 dende Os Mariño, utilizando 12.047 unidades pirotécnicas que cubrirán o ceo da Coruña e a auga do Orzán e Riazor, coa combinación de fogos acuáticos e aéreos. O 72% dos fogos de artifico son de fabricación nacional.
 

O espectáculo desenvolverase en 15 diferentes fases de disparo, cunha duración aproximada de minuto e medio cada unha. Para iso utilizarase tecnoloxía de vangarda, tratando así de aproveitar os últimos avances nesta materia para innovar e tratar de conseguir a complicidade das miles de persoas que se concentrarán no paseo marítimo e nas praias para seguir o espectáculo.
 

Afeccións ao tráfico
Con motivo da celebración da Batalla Naval, mañá luns 14 de agosto levarase a cabo un corte total do tráfico no Paseo Marítimo, entre a glorieta das Esclavas ata a Avenida de Hércules en horario de 21.30 horas ás 00.30 horas. A extensión poderá ampliarse, se fose necesario pola afluencia do público, ata San Roque.

 

Para a mobilidade na zona, para a saída de Monte Alto recoméndase tomar como alternativa a rúa Vermar cara a Mariña-Parrote; e para a entrada a Monte Alto, ben pola avenida do Porto ben pola rúa de San Andrés. No caso da Praza de España, recoméndase a saída cara o túnel de Avenida do Porto ou pola rúa de San Andrés.
 

Máis actividades
A xornada complementarase ao longo do día con inicio do XXXVIII Certame de Habaneras no marco das Festas de María Pita, que se celebrará do 14 ao 20 de agosto nos Xardíns de Méndez Núñez. A primeira actuación corre a cargo das Corais dos Centros Cívicos, que darán a coñecer as pezas a partires das 20.00 horas.
 

Tamén nos xardíns mañá, luns 14 de agosto, comeza a Feira do Libro Antigo e de Ocasión que manterá as casetas ata o 3 de setembro para que todos aqueles amantes da lectura ou coleccionistas se poidan achegar e mercar algún dos centos de libros expostos.

A Batalla Naval iluminará o ceo da Coruña con máis de 12.000 unidades pirotécnicas

Te puede interesar