O candidato da Marea propón facer da Coruña unha "cidade para a infancia"

O candidato da Marea propón facer da Coruña unha "cidade para a infancia"
Xan Xove, durante o encontro

Xan Xove, candidato da Marea Atlántica á Alcaldía nas eleccións do vindeiro 28 de maio, propón reforzar as políticas educativas do Concello e “facer da Coruña unha cidade para a infancia, é dicir, unha cidade máis amable e habitable para toda a veciñanza”. Por iso fixo unha proposta transversal que inclúe a mellora e ampliación da rede de escolas infantís municipais, a creación de camiños escolares seguros, alimentación saudable nos comedores escolares e atención á saúde mental na infancia e a mocidade, entre outras cuestións.
 

Xove participou esta semana nun encontro sectorial con entidades relacionadas con ensino, representantes da universidade e de ANPAs de colexios públicos da cidade, que trasladaron as súas demandas e preocupacións, e ás que lles fixo chegar esta proposta Cidade para a Infancia, que asegura que resultou moi ben recibida. Estivo acompañado por dúas das máis recentes incorporacións á lista da Marea Atlántica, Mariló Candedo e Araceli Serantes, e pola concelleira Silvia Cameán, responsable de Educación no goberno de Xulio Ferreiro. 

 

O primeiro compromiso do candidato é reverter os recortes que Inés Rey fixo na rede de escolas infantís municipais, que remata o mandato cun centro menos e 95 prazas menos que cando comezou. “Temos que facer un esforzo por integrar os centros da Xunta na rede municipal, para unificar o servizo e simplificar os trámites. E temos que construír novos centros para chegar a toda  a cidade, comezando por Xuxán, o barrio máis novo da Coruña, onde debe poñerse en marcha un equipamento que combine escola infantil e centro de día. Foi pactado nos Orzamentos 2022, pero o PSOE non foi quen cumprir”.
 

Silvia Cameán sinalou que “Inés Rey chegou á Alcaldía prometendo dúas novas escolas infantís municipais no Castrillón e en Monte Alto, e pactou outras dúas coa Marea Atlántica, en Xuxán e Vioño. Catro anos despois o que fixo foi perder a Carmen Cervigón en Labañou, que pasou a ser privada, co que se reduciron un 11,5% as prazas dispoñibles na rede pública”. E explicou que a valoración das políticas educativas do concello foi “moi mala” no encontro sectorial.

O candidato da Marea propón facer da Coruña unha "cidade para a infancia"

Te puede interesar