Inma López Silva | “Penso que Asunta foi a gran esquecida da súa propia historia”

Escritora e filóloga, a compostelana presentou e asinou onte na Feria do Libro unha obra na que reflexiona sobre aspectos descoñecidos do crime más mediático do século en Galicia
Inma López Silva | “Penso que Asunta foi a gran esquecida  da súa propia historia”
A escritora Inma López Silva, co seu libro ‘Por qué Asunta’ | Quintana

Inma López Silva (Santiago de Compostela, 1978) ten moitas facetas na súa vida para abordar un tema que non é menor, o crime de Asunta Basterra Porto acaecido en 2013 na súa cidade natal. A súa proximidade aos medios e as súas fortes conviccións políticas permítenlle abordar no seu último traballo as complexidades  e aspectos nunca plantexados dun suceso do que cremos saber todo e, á vez, sentimos que non sabemos nada.

 

 

A pregunta  é obrigada once anos despois… Por qué Asunta??


O certo é que había moitas cuestioóns que estábamos en disposición de preguntarnos qué di este caso de nós como sociedade. Para min había un punto de vista que clamaba pola súa ausencia naquel momento, pero sobre todo dez anos despois, que era a perspectiva de xénero. Este país cambiou moito nestes anos, se comezou a falar de violencia vicaria, todo o relacionado coa violencia machista sufriu un revulsivo, aprendemos a observar os crimes de mulleres e Asunta era unha muller.


O libro non é tanto un libro sobre o caso como un sobre as nosas posibles olladas sobre o caso.

 

 

Que di de nós como sociedade este caso?


Di moitas cousas. Que eramos e, probablemente aínda sexamos, unha sociedade moi machista ou moito máis disposta a enxuizar máis duramente ás mulleres que aos homes; que temos unha prensa moi pouco cabal dende o punto de vista da empatía cara as mulleres, unha prensa que en lugar de contar as historias como realidade prefire contalas como ficción, é moito máis interesante a trama policial ou criminal  que a trama social e o caso Asunta amosou que hai un tipo de prensa que veu para quedar, que en lugar de analizar, enxuiza e o fai sen datos. Por iso escribín un libro como este, porque nos fai ver moitas das nosas arestas como sociedade.

 

 

Recórdame á película ‘Joker’, a esa sensación de que poñer un espello diante para que te poidas ver.


Non pensara en ‘Joker’ pero efectivamente é unha peli que efectivamente nos pon diante do espello da nosa propia maldade e eu creo que ese é o punto de vista polo que nos interesan os crimes, nos poñen diante do mal. Temos a posibilidade de contar historias de ficción para falar do mal, pero cando o facemos sobre un tema real temos outras obrigas éticas que son as que nos colocan no espello, as que nos fan ver por unha banda o que pode haber de criminal en todos nós.

 

 

Cómo lle das voz a Asunta ?


Eu creo que Asunta foi a gran esquecida da súa propia historia. Do crime hai que falar, pero para min era moi importante entender que o que había aí era unha familia destrozada e que iso explicaba quen era Asunta. Intentei darlle voz colocando no libro a memoria de Asunta nena. Por iso foi maravilloso poder falar coa súa madriña porque me puido contar dende que comida lle gustaba ata como era porque para quen quería a Asunta o crime tragou por completo a súa historia como persoa. Agora é máis poderosa a morte de Asunta que a vida. Era importante non usurpar a súa identidade.

 

 

Cales foron os erros mediáticos, sociais e da investigación ao enfrontarse ao crime de Asunta? ¿Cómo deberíamos telo enfrontado?


Cando hai un asasinato temos dúas opción: ou solo ver o asasinato ou tratar de ver o contexto. E creo que o que faltou aí foi o contexto, pero probablemente porque non había as ferramentas xudiciais que temos agora. Teríamos que ter enfrontado o caso con empatía e contemplando o contexto e non só o suceso en si.

 

 

¿É favorable ou non a existencia de producións de ‘true crime’ coma neste caso?


Aquí estamos no gran debate de ata onde se regula a liberdade de expresión e a liberdade de creación. O ideal sería que non fose necesario regular, o ideal sería que nós tivesemos o coñecemento e o sentido común suficiente como para saber que é o que podemos facer, ata onde podemos chegar na invención, na elucubración, na hipótese. Estas producións aportan diñeiro, pero eu creo que a serie sobre este caso demostra que se pode facer unha serie feita con respecto. Aí os creadores son capaces de facer a súa lectura dos feitos  sen que as vítimas se vexan revitimizadas, que creo que é o elemento do respeto.

 

 

Por que nos segue facendo pensar o crime de Asunta?


Porque seguimos sen a resposta á gran pregunta, o por que. Como sociedade necesitamos os xuízos porque nos dan respostas ás cousas inexplicables. 

Inma López Silva | “Penso que Asunta foi a gran esquecida da súa propia historia”

Te puede interesar