Os nenos e nenas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño visitaron El Ideal Gallego e o dxtcampeón

Os nenos e nenas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño visitaron El Ideal Gallego e o dxtcampeón

LOLA LEMA MUÍÑO / SARAI REY CASTRO

 

Os nenos e nenas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño visitaron hoxe pola mañá El Ideal Gallego eo dxtcampeón no Palacio da Ópera.

 

Chegaron as 10:30 e recibiunos a subdirectora chamada Paola Feal e entregoulle a cada neno/a un carné de Periodista Junior. Despois explicoulle que traballo fan os periodistas e escribiron as súas propias noticias. Fixeron 8 grupos, 5 de dous alumnos e 3 de tres alumnos.

 

Durante a visita os nenos/as  fixeron as seguintes declaracións: Moreira e Saúl dixeron que lles pareciu divertida, Angélica e Marco dixeron que era interesante e educativa, Sara, Sabela e Alexia dixeron que era a mellor excursión deste ano e por último Endika e Raúl dixeron que lles gustou moito a visita e que lles pareceu moi boa idea.

 

Levaron as noticias que redactaron e unha portada con unha foto de todos os nenos/as que participaron na visita.

 

Esta e unha das visitas que se fan durante o curso escolar. A visita durou de 10:30 a 12:00 da mañá.

 

 

 

 

Os nenos e nenas do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño visitaron El Ideal Gallego e o dxtcampeón

Te puede interesar