Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais

Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais
Sande, na sede de APEM

O candidato de Podemos, Esquerda Unida e Alianza Verde á Alcaldía da Coruña, José Manuel Sande, visitou APEM, Asociación Pro Enfermos Mentais, e reivindicou un maior apoio institucional para unha labor de atención psicosocial, laboral e residencial para aproximadamente un cento de veciños.

 

Na actualidade esta entidade percibe unha cantidade insuficiente do Concello dadas as atencións que proporcionan a diario a ata 80 persoas nas súas instalacións, e para o que Sande reclama un estudo de necesidades que permita revisar este convenio. Sande tamén se comprometeu a traballar na revisión do estudo dun centro residencial, unha demanda de prazas que se podería cubrir no antigo edificio que empregou Padre Rubinos e que agarda un empurrón por parte das administracións e posibles doantes privados.

 

Neste senso, o candidato recolleu a reivindicación ao respecto da posición da Xunta de Galicia, xa que APEM lembra a necesidade de mellorar a atención en Saúde Mental, o que implicaría modificar a normativa para que as persoas maiores de 65 anos poidan seguir nestes recursos e non deban deixalos para acudir a centros “normalizados” para a terceira idade, onde non existe atención específica.
 

Sande compromete un maior apoio para atención de persoas con enfermidades mentais

Te puede interesar