O vindeiro venres, no teatro Rosalía, o público poderá ver ‘Último verán en Santa Cristina’, unha peza teatral que, no contexto da posguerra, conta a vida da familia dun rapaz, fillo de militar, durante o derradeiro verán que viven xunto ao areal oleirense, nos principios dos 60.
Luma Gómez forma parte do elenco desta nova obra de Teatro do Noroeste que ideou Eduardo Alonso. A intérprete destaca que “está indo moi ben co público, porque é un texto, por unha banda, moi sólido, cunha historia moi ben armada, pero, por outra banda, ten algúns momentos que producen, dalgún xeito, comicidade”, comenta a actriz cun sorriso, e engade que esa comicidade, xunto coa tenrura e outros sentimentos que transmite a peza, “resulta divertido para o público”.
Gómez interpreta a unha muller natural de Santa Cristina que vai contando “unha historia paralela de como foron as cousas, na Guerra Civil, nas posguerra... e iso da un punto histórico á obra”, explica.
Ademáis da representación da peza na Coruña, Teatro do Noroeste ven de cumplir os 35 anos de vida. Luma Gómez lembra que no seu momento, “Teatro do Noroeste nace como unha compañía xa profesional e que plantexaba pagar o mellor posible aos actores”.
“Leva 35 anos ininterrumpidos e, cada ano, sempre montou un espectáculo como mínimo, con axuda ou sen ela”, comenta a actriz.
Nestas tres décadas e media mudaron moitas cousas, lembra Gómez, que conta, por exemplo, o nacemento da Rede Galega de Teatros e Auditorios, “iniciativas que naceron da profesión”. Neste tempo construíronse moitas cousas, “moitas estruturas, que era o que necesitaba teatralmente o país, pero tamén variaron cousas a peor, os orzamentos para artes escénicas lonxe de mellorar, mantéñense na mesma cantidade, pero os salarios siguen subindo e imos perdendo as compañías”, indica a intérprete galega.
“Teatro do Noroeste é unha compañía que adicou o seu tempo a poñer en escena textos clásicos universais, pero tamén de autores galegos vivos”, comenta Luma Gómez, que apunta que “as bases seguen a ser as mismas”, e engade que un dos desexos é “incluir novas persoas na dirección, a poder ser algunha muller no próximo espectáculo”.