Xacarandaina volve "por fin" ao Coliseum co espectáculo 'Endaterra'

Xacarandaina volve "por fin" ao Coliseum co espectáculo 'Endaterra'
Quique Peón e Lucía Veiga na Igrexa de Santiago | Javier Alborés

Hai algo máis de 30 anos, a asociación cultural Xacarandaina participaba da inauguración do Coliseum. Logo de tres décadas, a entidade volta, "por fin", para por sobre o escenario do recinto herculino o seu último espectáculo, 'Endaterra', baseado na historia e no acervo cultural ao redor do Camiño Inglés e que se poderá ver este domingo. 

 

E, precisamente, nas portas do Camiño Inglés, na Igrexa de Santiago, o director do proxecto, Quique peón, e unha das integrantes do elenco, Lucía Veiga, presentaron esta nova creación, que porá sobre o escenario a 80 artistas e unha decena de técnicos. O aforo máximo será dunhas 1.500 personas, e dende Xacarandaina agardan que o éxito sexa igual que nas oito representacións anteriores por toda Galicia.

 

Peón indicaba esta mañá que a mellor definición do espectáculo sería a de "musical", que mestura baile, música e unha forte carga teatral. "É unha obra que en Galicia non acostumbramos a facer", indicaba, ao tempo que tanto él coma Veiga lembraban que "a maior parte do elenco non é profesional", mais o "nivel de talento" desborda polo escenario. 

 

Para Veiga, ademáis, esta peza é unha especie de "retorno", xa que forma parte de Xacarandaina "desde os 7 anos".

 

Historia

O argumento baséase na peregrinación feita nos principios do século XX por unha aristócrata inglesa, acompañada da súa doncela de orixe galega, que remata en Muxía e Fisterra.

 

A posta en escena baséase no traballo de recolla da tradición que leva a facer Xacarandaina desde hai máis de 40 anos. Nos últimos tres anos, apunta Peón, concebiuse o espectáculo e voltaron a algúns concellos para recoller detalles que aínda non tiñan. Para a sorpresa da agrupación, e pese á perda de informantes, "aínda atopamos cousas novas", explicaba o director da peza.

Xacarandaina volve "por fin" ao Coliseum co espectáculo 'Endaterra'

Te puede interesar