Paula Ribó está detrás de Rigoberta Bandini, que regresa coa xira ‘Jesucrista Superstar’, título do seu próximo traballo, tras dous anos afastada dos escenarios. Antes, acadou un enorme éxito grazas a súa participación en Benidorm Fest e a súa canción ‘Ay mamá’. A artista conta con outras cancións de gran repercusión como ‘Perra’, ‘Too Many Drugs’ ou ‘In Spain We Call It Soledad’, ademais dun álbum de debut que foi un éxito en vendas: ‘La emperatriz’.
Rigoberta Bandini únese a artistas como Lenny Kravitz, Alannis Morissette, Duki, Morad, La Raíz e outros artistas xa confirmados para o 2025 no Coliseum. “A Coruña é unha cidade cunha extensa e variada axenda musical, así como un polo de atracción para as grandes promotoras, que saben do noso potencial e buscan que os seus artistas actúen aquí”, dixo Gonzalo Castro