“O futuro laboral vai ser negro, tanto se me dedico ás ciencias como se escollo ás letras”

“O futuro laboral vai ser negro, tanto se me dedico ás ciencias como se escollo ás letras”
anxo mena naceu en carral no ano 1982 pedro puig

A poucas horas de regresar á cidade de Vigo onde tentará de finalizar a súa tese doctoral, no prazo de catro meses, Anxo Mena (Carral, 1982) permítese un oco para falar sobre o premio Díaz Jácome de poesía que o pasado sábado, día 22, recibiu no concello de Mondoñedo.

 

Como se sinte ao recibir este galardón?

Síntome profundamente contento porque daste de conta de que o que escribes interésalle a alguén, e especialmente aos que ti adoitas ler. É un dos certámenes de poesía máis ponderados e no que participaron escritores como Elías Portela, que é coñecido por escribir en galego e tamén en islandés.

 

Que o motivou a presentarse a un certamen destas características?

Escribo nos meus intres libres porque me gusta moito a poesía. Nos últimos dous anos e medio tiña recompilados unha serie de poemas e para saber si eran bos decidín presentarme a este certamen de Mondoñedo. Non obstante, xa o fixen antes en dous máis humildes.

 

Ten previsto continuar con esta carreira literaria?

O primeiro é finalizar a tese doctoral. Estudo Paleocenografía e o meu traballo céntrase en estudar como cambiaron as correntes do mar e as masas do auga nos últimos 60.000 anos. Está moi relacionado cos cambios climáticos. Fai uns meses xa os medios de información fixéronse eco dun estudo sobre a chegada de icebergs ás costas galegas. Non obstante a miña teima é publicar un libro.

 

En canto tempo ten previsto rematala tese?

Precisamente hoxe (por onte) regreso a Vigo para continuar estudando xa que quero tela finalizada no prazo de catro meses. Hai que apertar.

 

Como se lle presenta o futuro laboral? Millor en ciencias ou por letras?

O futuro laboral é negro tanto se me dedico ás ciencias como ás letras. Para ter algunha oportunidade para quedarme na Universidade de Vigo hai que saír fóra. É o que se denomina pos-doc. Dous anos traballando no estranxeiro para que despois me outorguen unha beca para volver. Máis ou menos terei que comportarme como un terrorista que se marcha para ser logo extraditado.

 

En que se centra “Comezando a loita” (obra gañadora)?

E un poemario onde se compendian versos de trasfondo amoroso con outros de rebeldía. Hai un pouco de todo.

“O futuro laboral vai ser negro, tanto se me dedico ás ciencias como se escollo ás letras”

Te puede interesar