O Concello de Oleiros organiza representacións teatrais para o alumnado de primaria e secundaria

O Concello de Oleiros organiza representacións teatrais para o alumnado de primaria e secundaria

O Concello de Oleiros organiza esta semana no auditorio Gabriel García Márquez representacións teatrais para o alumnado de primaria e secundaria dos centros de ensino. O Concello financia tamén o desprazamento en autobús para achegar espectáculos culturais en lingua galega a nenos, nenas, mozos e mozas, cos que se pretende concienciar sobre distintos valores sociais.


O alumnado de 1º a 4º de primaria poderá gozar do espectáculo Confi, o golfiño Manoliño, da compañía A Xanela do Maxín. Coa misión de difundir a defensa do medio ambiente, narra os feitos reais da loita pola supervivencia de Manoliño, o golfiño que frecuenta as praias da ría de Muros e Noia, ofrecendo unha visión ampla do tema e concienciando sobre a importancia do coidado do medio mariño e da vida salvaxe.


Hoxe foron os escolares do CEIP Luis Seoane os que puideron ver esta obra que combina o traballo actoral, cos monicreques e proxeccións. Mañá acudirá o alumnado do CEIP Valle Inclán e CEIP Isidro Parga Pondal e o xoves o CEIP A Rabadeira e o CEIP Juana de Vega.


O venres, Día da Lingua Materna, o alumnado dos tres institutos de Oleiros asistirá a ver a obra Arte sen guión, de Galeatro. Unha peza teatral excepcionalmente divertida baseada na improvisación e no teatro cómico e onde o público ten un papel moi importante.

O Concello de Oleiros organiza representacións teatrais para o alumnado de primaria e secundaria

Te puede interesar