Con grande asistencia de público celebrouse hoxe a Feira de Orientación Académica e Profesional de Oleiros, que na súa cuarta edición exhibiu a oferta formativa de 31 entidades, entre as que se atopan universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostalaría, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias.
Todas elas mantiveron postos de información durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.
Entre as 9.30 e as 13.30 horas, máis de 600 alumnos e alumnas dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados polo profesorado e persoal orientador, visitaron a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16.00 a 18.00 horas, o evento abriuse a todo o público interesado.
O encontro foi organizado polo Concello de Oleiros coa colaboración dos departamentos de orientación dos catro centros de ensinanza secundaria: Neira Vilas, María Casares, Miraflores e Hijas de Cristo Rey.