Personal do Concello de Cambre denuncia "unha situación extrema" e esixe "solucións urxentes"

Personal do Concello de Cambre denuncia "unha situación extrema" e esixe "solucións urxentes"
Exterior do Concello de Cambre

Tras anos de negociacións infructuosas nas que as condicións de traballo no Concello de Cambre "foron empeorando cada vez mais, entre outros motivos, por causa dunha situación de escaseza extrema de persoal debido a fuxida de funcionarios e funcionarias" a outras administracións "nas que si poden exercer todos os seus dereitos, ás xubilacións e ás baixas, moitas delas por causas de saúde mental, vacantes que en moitos casos non se cubren en meses", o personal municipal convoca unha concentración diante da casa consistorial para denunciar "unha situación extrema que nos leva a pedir solucións urxentes", anunciaron nun comunicado enviado pola CIG, UGT, CCOO e CSIF.

 

A Relación de Postos de Traballo, e polo tanto a súa valoración e organización, son do ano 1999, pero con menos persoal actualmente para atender a moita mais poboación, "pois son numerosas as vacantes sen cubrir, a carreira profesional non existe, fai dous anos que non se realiza a vixiancia da saude obrigatoria por lei, e non se atenden as nosas reivindicacións, en resumo, sentimos que non se nos escoita e que somos o último que importa para o goberno municipal", recolle a mesma nota. 

"E por isto que imos realizar unha primeira concentración ás portas do Concello de Cambre mañá ás 10:50 horas, que é cando terá lugar o pleno ordinario deste mes, para manifestar o noso profundo descontento coa situación que estamos a vivir", engadiron antes de concluir que "queremos que nos escoite o Goberno e a oposición e que os veciños e veciñas entendan que o que nos queremos e que o concello funcione e que se mellore a nosa situación, porque eso fará que os veciños e veciñas de Cambre poidan recibir a atención e os servizos que se merecen".

Personal do Concello de Cambre denuncia "unha situación extrema" e esixe "solucións urxentes"

Te puede interesar