Carral convoca a 28ª edición do seu Premio de Poesía

O prazo de presentación de obras estará aberto ata o 31 de marzo
Carral convoca a 28ª edición do seu Premio de Poesía
Entrega do premio da última edición

O Concello de Carral acaba de convocar unha nova edición do Premio de Poesía Concello de Carral. Neste ano 2025 o certame suma xa as 28 edicións, mantendo sempre a intención de seguir colaborando a fornecer o sistema literario galego, a difundir a poesía entre a poboación de Carral, a descubrir novos valores da nosa literatura ou a consolidar poetas  que xa contan con obra publicada. Durante estas 28 anos o premio de Carral consolidouse coma un dos máis importantes de Galicia, o cal lle foi recoñecido pola Deputación de Ourense que lle concedeu un dos seus premios Rodolfo Prada 2024 a iniciativas galegas de xestión cultural.

 

Nas bases da actual convocatoria están recollidos todos os aspectos que atinxen á presentación de obras e que se resumen en:

·      Premio: 3500 € e a publicación da obra en Edicións Espiral Maior

·      Obras orixinais e inéditas en galego cun mínimo de 500 versos

·      Prazo aberto para a presentación de obras ata o 31 de marzo

 

O premio entregarase nun acto que terá lugar o 30 de maio, no que tamén se presentará a edición do libro gañador o ano pasado, A pel do exilio de Silvia Penas.

 

Para levar a cabo o certame o Concello de Carral conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Na páxina web do Concello están xa publicadas as bases deste certame.

Carral convoca a 28ª edición do seu Premio de Poesía

Te puede interesar