Carral quenta motores para unha XIX Festa do Pan en formato ‘maxi’

Carral quenta motores para unha XIX Festa do Pan en formato ‘maxi’
Presentación da Festa do Pan de Carral

A vila de Carral conta as horas para celebrar a XIX edición da súa emblemática Festa do Pan, un evento que este ano amplía a súa duración e no que a Asociación de Panadeiros agarda despachar ata 8.000 bocadillos ‘cardiosaudables’, a base de bola local, tomate, xamón e aceite de oliva.


A cita será a máis longa da historia ao pasar de dous a catro xornadas e terá lugar no Campo da Feira do 13 ao 16. Ademais da venta do ‘bocata’ protagonista, haberá animación de rúa, verbenas e os exitosos obradoiros de elaboración de pan para os máis pequenos.


“A festa serve para poñer en valor o noso produto máis importante e para destacar o enorme traballo dos nosos panadeiros”, apuntou na presentación da festa a concelleira de Economía, Susana Guimarey, que aposta por involucrar ás xeracións máis novas no respecto e cariño polo pan, símbolo do municipio.
 

Xuventude 

Precisamente, a Festa do Pan dedicará o luns, día 15, aos nenos co Pequepan; e o martes, día 16, á mocidade co Xovepan, xornada en que se venderá un novo manxar coa receita tradicional do pan carralés: o bolo ‘preñado’.

 

Carral

Na presentación da cita gastronómica participaron as oito panaderías que estarán presentes: Bonome Bouzas, Manuel Rodríguez e Hijos, Do Pincho, Pedro Fernández, Da Cunha, Mercedes, Paraíso e Insua. Tanto o equipo de Goberno, con Javier Gestal á fronte, como os propios panadeiros afirmaron estar “ilusionados” cunha nova festa e agardan superar as cifras de anos anteriores.


Desde o sábado ás 12.00 horas haberá feira medieval, obradoiros de pan e de olería, exhibicións de cetrería, representacións teatrais e actuacións musicais. O sábado pola noite tocarán a orquestra Fuego e A Banda de Ayer, mentres que o domingo farao Miramar.


O luns desde as 18.00 horas haberá sesión de clown e concerto de Chuches Amil, mentres que o martes –a partir das 20.00 horas– tocarán a charanga Santa Compaña e a Escola Municipal de Música de Carral. O punto final correrá a cargo dos grupos Bomba e New York.


“É fundamental garantir o relevo xeracional no sector do pan e involucrar á veciñanza na súa posta en valor”, indican desde o Concello, e lembran que o bocata ‘cardiosaudable’, “co que comen dúas persoas”, terá un custe de seis euros –bebida incluída–. 

Carral quenta motores para unha XIX Festa do Pan en formato ‘maxi’

Te puede interesar