Aumentan de novo os prezos dos aparcadoiros de Santiago

O Concello vén de anunciar unha nova suba nas tarifas dos parkings máis importantes da cidade.
Aumentan de novo os prezos dos aparcadoiros de Santiago
Soben os prezos nos aparcadoiros de Santiago | AEC

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou esta semana un cambio nas tarifas dalgúns dos principais aparcadoiros privados da cidade. 

 

Así, os parkings do Hórreo, San Clemente e San Caetano sufrirán unha suba do 3,20% con respecto ao establecido o pasado decembro. 

 

No caso do de Romero Donallo e a Choupana, un 3,10% máis que o aprobado o en novembro de 2023. 

 

A xustificación para ambos casos é, como explican, a suba do IPC desde que foi acordado o anterior sistema de prezos.  

Aumentan de novo os prezos dos aparcadoiros de Santiago

Te puede interesar