Catalina Zúñiga Calviño do CPR Plurilingüe San José, de Lugo, recibiu o Premio Autonómico da 14ª edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto no acto que tivo lugar no Pazo de San Roque, na capital galega.
Os gañadores e gañadoras provinciais foron: Martiño Souto Mera do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela, Martina Vidal Monfort do IES As Lagoas de Ourense, Iria Caamaño Mo do CPR Santiago Apóstol de Soutomaior (Pontevedra), e a propia Catalina Zúñiga Calviño do CPR Plurilingüe San José, de Lugo, dobre gañadora do certame organizado pola Fundación Coca-Cola en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Secretaria Xeral de Política Lingüística.
Todos eles foron premiados cun kit de videoblogger e unha impresora dixital portátil de fotos xunto co seu diploma como recoñecemento ao seu talento.
No acto estiveron presentes os membros do xurado e Valentín García Gómez, secretario xeral de Politíca Lingüistica, que lle entregou o diploma á gañadora autonómica e clausurou a cerimonia.
A gañadora autonómica Catalina Zúñiga e o profesor do CPR San José responsable nesta iniciativa recibiron como premio unha viaxe a Madrid de carácter cultural e de lecer que que se realizará do 20 ao 23 de xuño, onde asistiran a dous cursos presenciais de escritura creativa impartidos por unha prestixiosa escola literaria, así como a diversas actividades culturais e lúdicas.