II Concurso de microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

II Concurso de microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día especial para Galicia, porque desde 1963 marca o inicio do "Rexurdimento" cultural galego, homenaxeando cada 17 de maio a diferentes personalidades que destacaron pola achega literaria no idioma.


Desde o Ideal Gallego gustaríanos facervos partícipes dun día tan destacado poñendo en marcha o “II Concurso Microrrelato Homenaxe ás Letras Galegas”, deseñado baixo a temática “Morriña”, cun texto de menos de 100 palabras. 


Participación

Para participar, só tes que rexistrarte na nosa web e deixar o teu microrrelato de non máis de 100 palabras, nun comentario nesta mesma noticia.


O relato gañador e os dous finalistas serán incluídos na edición impresa e na versión dixital do 17 de maio. E ademais, o gañador levará un Ebook e unha tablet Lenovo.


De entre todos os relatos recibidos entre o 18 de abril e o 8 de maio, o gañador elixirase mediante un xurado composto por membros do Ideal Gallego, e anunciarase o día 13 de maio a través de redes sociais e a edición en liña.


Valorarase a creatividade e orixinalidade dos textos recibidos.


Podes participar ata o 8 de maio!


Consulta as bases aquí e participa nos comentarios desta noticia.


PROMO MICRORRELATOS 2022 Florencio Delgado 5x8 IDEAL 001










II Concurso de microrrelatos de El Ideal Gallego, homenaxe ao Día das Letras Galegas

Te puede interesar