Francisco Fernández Davila recibe o premio de narrativa breve Repsol pola súa obra "Groenlandia"

Francisco Fernández Davila recibe o premio de narrativa breve Repsol pola súa obra "Groenlandia"
Xosé Manuel Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Fran Fernández Davila, premiado; Mercedes Gómez, subdirectora de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, e Natalia Barrei

O escritor, Francisco Fernández Davila, recibiu esta tarde en A Coruña o Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega grazas á súa obra Groenlandia, que en palabras do xurado, defínese como “un mosaico literario de perfecto encaixe construído a través da intriga, de humor e unha pasarela de personaxes que, senseren de ningures, sempre ficarán engaiolados nas illas Azores”.


O acto de entrega tivo lugar na sede da Fundación Paideia Galiza e estivo presidido por Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Mercedes Gómez, subdirectora de Relacións Institucionais de Fundación Repsol, e Xosé Manuel Soutullo, director xeral da Editorial Galaxia. Asistiron tamén o presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez ; o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo; concelleiros das corporacións municipais coruñesa e arteixán; así como representantes de diversas institucións e entidades públicas, empresariais e culturais, acompañados da Directora do Complexo Industrial, Natalia Barreiro e do seu equipo de dirección.


Durante o evento fíxose entrega do galardón consistente nunha dotación económica de 12.000 euros; así como a edición do libro por editorial Galaxia, que xa se poderá atopar nas librerías desde este martes. Para pechar o acto, deu un recital o Trío Black Devils formado polos músicos Nicolau Rodríguez, Ramiro Lamas e Rubén Deschamps, que fusionan en cada actuación os seus estilos para interpretar os grandes éxitos da música clásica, popular e o jazz.


Dezasete edicións apoiando a creación en galego

No ano 2006 a refinería da Coruña creou en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, o Premio Narrativa Breve Repsol, que desde 2010 promove Fundación Repsol. Conta tamén co apoio da Editorial Galaxia, a Real Academia Galega e a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).


O obxectivo desta iniciativa cultural é impulsar e reforzar a creación de literatura en lingua galega, ademais de ser unha vía de promoción para que escritores galegos poidan chegar aos lectores.


O Premio Narrativa Breve Repsol conta ademais con importantes personalidades da cultura galega que cada ano forman o xurado para elixir a obra gañadora, e que nesta edición estivo representado por: Marcos Calveiro, director de Edicións da Galaxia, Alberto Ramos, escritor e gañador da XVI edición do premio Narrativa Breve Repsol, Xavier Senin, académico correspondente da Real Academia Galega, Inmaculada
Otero, crítica literaria nomeada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e Dolores Vilavedra, profesora da literatura galega na USC e crítica literaria.


Ao longo das súas edicións o Premio Narrativa Breve Repsol consolidouse como un certame de referencia no panorama das letras galegas, sendo cerca de 500 as obras que se presentaron ao concurso desde a súa creación.

 

O gañador

Francisco Javier Fernández Davila, (Vigo, 1974) é enxeñeiro de Minas e MBA en Responsabilidade Social Corporativa pola Universidade de Vigo. En 2016 comezou a escribir en diversos obradoiros de escrita creativa impartidos por Clara do Roxo. Nese primeiro ano de escrita gañou o 1º premio de poesía no I Certame de Enxeñería Sen Fronteiras con Capetón, un poemario sobre os anos que o seu pai pasou nas augas do Sur de África. Tamén acadou os segundos premios no X Certame Literario Terras de Chamoso de poesía con Princesa de Fukushima, así como o de relato no XLIX Concurso Literario Casino Ateneo de Béjar coa súa obra Aliento de Bronce.


No 2017 gañou o XVII Certame de Novela por Entregas de La Voz de Galicia con A senda de sal, unha novela sobre a segunda guerra mundial na ría de Vigo. No ano 2018 obtivo o 1º Premio de Relato Curto da Universidade de Vigo, con K.A.R.M.A., e resultou tamén vencedor do XVII Certame Antón Avilés de Taramancos, en Noia, o que implicou a publicación da súa segunda novela curta Alana, unha novela de aventuras ambientada nas guerras de conquista da Gallaecia por parte da República Romana. Tamén, nese ano 2018, despois da súa segunda viaxe ás Illas dos Azores, comezaría a escrita de Groenlandia, a novela que galardoada nesta edición.


No ano 2019 gañou o XII Premio de Poesía Victoriano Taibo, de Gondomar, o que implicou a publicación do seu primeiro libro de poesía Mover os Marcos, un poemario en homenaxe á súa nai e o seu pai, e recibiu o primeiro premio no XXXIII Certame de Poesía Rosalía de Castro de Cornellá por Poemas d aeroporto, un poemario feito durante a súa primeira viaxe de traballo a Kiiv.


No ano 2020 non publicou libro algún, pero gañou o Premio de Poesía Concurso de Relatos y Poemas "Letras Con Morriña" de Arxentina, declarado de interese cultural da cidade de Buenos Aires, co poemario en galego e inglés Puerto Deseado.

 

Recibiu o segundo premio no IX Certame de poesía Xosé M. López Ardeiro por miCROrREtRaTOs. E no 2021 gañou o XI Concurso de relatos de inspiración científica - Inspiraciencia- co seu relato Lúa Negra, e levou o segundo premio no XV Certame Literario Terras de Chamoso por Rexina.


No 2022 publica con Galaxia a súa terceira novela, O bosque do duque (s‘- Hertogenbosch), un relato sobre a busca da identidade nos fillos de galegos criados na emigración en Europa, e que está ambientado na cidade neerlandesa de Den Bosch.


E no 2023 gañou o VIII Premio de Novela Curta Antón Risco por Primavera. A camareira, o cuarto e o libro de poemas e acadou o IX Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón, por koиpostєla un poemario sobre a cara menos agradable da capital de Galicia que se publicará a finais deste ano e o 1ºpremio de poesía no XX Certame Literario de Ames de poesía por Sobre as linguas en Comala, falando da correlación entre a desaparición da lingua e a identidade galega.

Francisco Fernández Davila recibe o premio de narrativa breve Repsol pola súa obra "Groenlandia"

Te puede interesar