Milladoiro: “Seguimos enriba dos escenarios pola acollida do público”

Milladoiro: “Seguimos enriba dos escenarios pola acollida do público”
O grupo Milladoiro nunha das súas actuacións | Andrés Rey

O grupo Milladoiro ofrecerá un concerto este domingo no marco da romaría de Santa Margarita. Comezará ás 21.30 horas no anfiteatro do parque. Falamos cun dos seus integrantes, Xosé V. Ferreirós.

 

Están a facer unha xira por toda España, como está sendo a acollida do público? 
Ben, a acollida do público sempre foi boa desde fai moitos anos e segue sendo, motivo pola cal inda seguimos enriba dos escenarios. Entón moi ben, estamos tocando non solo por Galicia senón polo resto de España e a acollida da xente, como sempre, moi boa.

 

Que podemos atopar no último disco, ‘Cantigas de amigos’?
Milladoiro é un grupo de música instrumental, en cambio ‘Cantigas de amigos’ é todo música vocal. Como nós normalmente non cantamos, sempre que quixemos facer algunha incursión no mundo da canción sempre buscamos a alguén que colaborase con nós e sempre dunha maneira que non fose forzada. En determinados momentos xurdía e se foron grabando algúns temas cantados, pero estaban diseminados en moitos dos álbumes. Pensamos por qué non facemos un disco con todo o que levamos feito e ese foi o motivo de ‘Cantigas de amigo’. E a maiores metemos un tema novo do grupo, tamén cantado. Pero é un disco especial, no que se refere á música vocal está todo ahí reunido.
 

Cree que se entendería a música de Milladoiro sen estar unida a Galicia? 
Non, creo que é imposible, Milladoiro nace precisamente reivindicando a música popular galega e poñéndoa en valor. Nós neses primeiros momentos traballábamos na música tradicional dun modo militante, nos tempos en que nós comezamos non era doado. Pensamos que era unha misión importante, nós se somos unha cultura diferenciada é por unha serie de cuestións, unha delas é que temos unha música que é peculiar. Ao longo destes 40 anos o traballo de Milladoiro é sobre todo recrear a música tradicional. Tamén nós como músicos e como galegos aportamos a nosa parte compoñendo cousas, que un pouco enlaza con esa tradición. Non se pode facer unha dicotomía entre o que é Milladoiro e Galicia. Milladoiro está íntimamente ligado cunha parte da cultura galega que é a parte musical.
 

Creen que o folk e a tradición pasan por un bo momento na actualidade?
Ao longo destes corenta anos vivimos momentos moi dispares, momentos dunha cresta da ola e momentos de baixada, o que hai que saber é subsistir co público que é fiel, non solo co público que é de aluvión. Nestos momentos propostas hai moitas e moi dispares, que vaian para arriba ou non, eso xa non o sei. O que sí che podo decir é que a música folk ou a música popular, fóra das cuestións puntuais ou modas puntuais,  non é unha das músicas que nestes momentos lle interese máis sobre todo ao sector dos Mass Media, interesan outro tipo de ritmos... De feito segue habendo festivais folk pero pasan como máis desapercibidos, sobreviven co público fiel.

 

Levan máis de 40 anos na música, como valoran este tempo?
Nós xa levamos moitos anos enriba dun escenario e non temos queixa, a nivel particular. A aceptación da xente é moi boa nos nosos recitales, hai xente que vibra coa nosa música. Neses corenta anos vivimos moitas etapas diferentes, etapas de moito boom e outras de non tanto. Pero non hai que perder a perspectiva. Si é un postureo é difícil aguantarse 40 anos. Pero se ti realmente cres no que estás facendo e disfrutas e fas que a xente participe contigo, eu creo que a xente eso tamén o percibe.

Milladoiro: “Seguimos enriba dos escenarios pola acollida do público”

Te puede interesar