Moura: “A nosa idea é ter unha especie de comunión entre nós e co público”

Moura: “A nosa idea é ter unha especie de comunión entre nós e co público”
Imaxe promocional de Moura | Leolopezfoto

Entre pandemia e guerras comezou na antiga Casa Tomada o camiño de Moura. Co segundo disco no peto, preséntanse o vindeiro 19 no parque de Santa Margarida, no Festival Independente Rock Coruñés (FIRC), no marco das festas de María Pita.

 

Cómo afrontan o concerto? 
Bastante contentos porque aínda non tivemos ocasión dende que saíu o novo disco, en maio, de tocar temas novos aquí na Coruña. A parte, a experiencia que queremos sempre nos directos de Moura, a nosa intención coa nosa música é a de ter unha especie de comunión, primeiro entre nós mesmos e despois coa audiencia e que se deixen levar pola nosa música, pola fusión que traballamos, entre psicodelia, música experimental e música tradicional galega.

 

Como xurdiu o novo traballo (‘Axexan, espreitan’)?

O proceso de elaboración deste disco foi un pouco distinto, traballado na distancia, mandandonos ideas e o foi montando o guitarrista, Hugo Santeiro, no seu estudo caseiro. Cando xa nos puidemos xuntar, eu ía á súa casa e fomos preparando unhas especies de guías. Ao final, decidimos non ir a un estudo e gravalo na casa na que ensaiamos. Así, o proceso foi moito máis familiar, sen presión, gravámolo o verán pasado nesta casa no Concello de Bergondo. Esa é a principal diferenza, as condicións nas que se crea.
 

Buscaban tamén unha evolución no son. 
Iso é. A idea de Moura como proxecto é seguir nesa mistura de estilos. Xa no primeiro, ao cantar en galego, a nosa idea era ir máis alá, que non fora só rock cantado en galego, senón que a influencia se reflectise dende as melodías, os arranxos... O segundofoi un pasiño máis. Pero, como dis, a idea é unha evolución, tanto a nivel lírico, porque nas letras reflectín bastantes experiencias persoais e familiares da miña infancia no rural, como a nivel musical, coa incorporación de Belem Tajes.

 

O primeiro saíu en 2020, que non era o mellor momento para act... 
Este segundo sacámolo e veu unha guerra, así que non sei se poderemos seguir sacando discos (ri).

 

E como é a recepción do público nun tempo de menos directos? 
A verdade é que nos movemos nun nivel underground, co cal estamos acostumados ao pouco a pouco. Toda a recepción do proxecto, dende o primeiro disco até este segundo, sempre foi ascendente. Tanto público como crítica acolleu moi ben a proposta. Moita xente apoia a proposta porque lle parece orixinal, está a ser ben aceptada en países como EEUU.

 

E o grupo, como xorde?
Moura xorde da simbiose que se creou na Casa Tomada da Coruña, que logo foi Nave1839. O bo que tiña é que paraban grupos de moitos estilos. Ao final de estar xuntos nos concertos, xorde a idea de montar Moura.

Moura: “A nosa idea é ter unha especie de comunión entre nós e co público”

Te puede interesar