Teatro do Noroeste chega ao Teatro Rosalía Castro da Coruña coa peza ‘Último verán en Santa Cristina’

Teatro do Noroeste chega  ao Teatro Rosalía Castro da Coruña coa peza ‘Último verán en Santa Cristina’

A lonxeva compañía de teatro galego Teatro do Noroeste regresa á cidade da Coruña para presentar o seu novo espectáculo, Último verán en Santa Cristina, o venres 20 de xaneiro, ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro. A peza de teatro político, con tintes autobiográficos, firmada polo dramaturgo Eduardo Alonso, está ambientada nos anos 60 e aborda as sensibles e conmovedoras lembranzas dun neno que vive a súa infancia na España franquista.


No texto, un rapaz de 12 anos realiza o tránsito da adolescencia á madurez, descubrindo a natureza da vida e da morte, a esencia do amor e do sexo e, sobre todo, un terrible segredo que oculta a súa familia de militares franquistas. Teatro do Noroeste regresa deste xeito á cidade herculina cunha proposta protagonizada por Xavier Estévez, Luma Gómez, Miguel Pernas, Maxo Barjas e Manuela Varela.


As estradas para gozar do espectáculo están dispoñibles a través da plataforma Ataquilla (https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/teatro/teatro-rosalia-castro/15055--ultimo-veran-en-santa-cristina-de-eduardo-alonso.html) e, os días de función, na billeteira do propio teatro.
 

Teatro do Noroeste chega ao Teatro Rosalía Castro da Coruña coa peza ‘Último verán en Santa Cristina’

Te puede interesar