Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas 2024

A compañía dá a coñecer a vida e obra desta autora coruñesa nos 250 establecementos que ten Galicia
Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas 2024
O supermercado Eroski Center do barrio coruñés de Novo Mesoiro acolleu a pegada simbólica de carteis | Quintana

A rede comercial da compañía de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas deste 2024. Faino achegando a través dos 250 que dispoñe en Galicia a obra desta escritora coruñesa a través de 550 carteis conmemorativos deseñados por alumnos do CEIP Raquel Camacho da cidade herculina e cunha tirada especial adicada á escritora de 21.000 bolsas de papel dispoñibles nos establecementos de A Coruña e 1.500.000 bolsas de plástico nas ensinas Eroski e Autoservicios Familia de toda Galicia.


O supermercado Eroski Center de Mesoiro, en A Coruña, foi o establecemento escollido para levar a cabo unha pegada simbólica de carteis coa que a compañía da comezo a súa xa tradicional campaña das Letras Galegas, froito do seu compromiso coa identidade galega da man da Xunta de Galicia. O evento contou coa participación do secretario xeral da Lingua da Xunta de Galicia, Valentín García; da irmá da homenaxeada, Susana Villalta; da académica de número da RAG, María Dolores Sánchez e por parte de Vegalsa-Eroski, do director de hipermercados, supermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; da directora de Sostibilidade e Comunicación Corporativa, Gabriela González; do director de Márketing, Julián Hernández, ademais da xefa da tenda, Belén Vidal e da xefa de zona, Manuela Presas.

 

Bolsas con mensaxe e sorteo

Durante este mes de maio as bolsas da compra a disposición dos clientes lembrarán a esta escritora coa frase “Tes medo do abismo? Abre as ás e voa”. A través dela búscase transmitir a importancia de voar por un mesmo, ilustrada a través dun libro aberto con ás que inclúe a súa vez un violín como referencia ao instrumento que sempre acompañou a esta autora durante a súa traxectoria.  Este ano ademais, como novidade durante o mes de maio estase a levar  sorteos semanais nos perfís de Instagram e Facebook da compañía. Cada semana, sortéase unha cesta de produtos galegos valorada en 80 euros por compras superiores a 10 euros en establecementos Eroski e Autoservicios Familia de Galicia, Asturias e Castilla y León.


A aposta de Vegalsa-Eroski por potenciar os valores propios da identidade galega reflíctese no seu cadro de persoal, conformado por 7.354 traballadores, 6.526 en Galicia, e na súa firme aposta polos provedores galegos.  


Tamén nas súas tendas, incluíndo o galego nos rótulos, na súa comunicación comercial e na súa marca propia, rotulada nos catro idiomas oficiais de España. Sen esquecer o seu apoio a iniciativas que contribúen á súa conmemoración e posta en valor como o Día das Letras Galegas. 

Vegalsa-Eroski rende homenaxe a Luísa Villalta polo Día das Letras Galegas 2024

Te puede interesar