O Concello destina 334.000 euros para as entidades deportivas

O Concello destina 334.000 euros para  as entidades deportivas
Imagen de archivo del palacio de María Pita | AEC

A xunta de Goberno Local aprobou onte as axudas en concorrencia competitiva que poderán solicitar as entidades deportivas da cidade. Trátase de achegas que se tramitarán en concorrencia competitiva e que permitirán ás distintas asociacións e clubs optar a distintas axudas que, segundo o tipo, oscilan entre os 4.000 e os 10.000 euros por cada liña, para iniciativas encamiñadas ao fomento do deporte en todos os seus ámbitos.

O prazo para a solicitude de ditas axudas abrirase nos próximos días tras a publicación do acordo no Boletín Oficial da Provincia. En total, o executivo de Inés Rey destina os 334.000 euros a ditas axudas, a cantidade máis elevada orzamentada polo Concello para ese fin, e que case triplica os 120.000 euros destinados no ano 2019.

As axudas varían segundo o tipo de actividade á que van destinadas. Así, as de organización de actividades deportivas chegan aos 6.000 euros; as dedicadas a actividades físicas, federados ou non, dirixidas a mellorar a capacidade física e o temp o de ocio, poden chegar ata 4.000 euros; as de organización de campamentos e campus infantís que axuden á conciliación da vida familiar, ata 6.000 euros; as destinadas a actividades diversas (foros, mcongresos, publicacións...) ata 4.000 euros; e as de organización de actividades extraordinarias (eventos deportivos), ata 10.000 euros.

Ditas axudas están abertas a todas as entidades, tamén a aquelas que teñen subscritos convenios nominativos co Concello, aínda que o número de liñas de axudas en concorrencia competitiva ás que poden optar redúcese canto maior sexa a contía do convenio asinado co Concello. Así, unha entidade cun convenio subscrito inferior aos 9.000 euros anuais, podería optar a axudas de ata 26.000 euros no concurso cuxas bases aprobáronse onte.

En total, na Coruña hai 65 entidades, asociacións e clubes con convenios nominativos asinados no 2021 para o fomento do deporte, entidades que percibiron 1.207.000 euros de fondos municipais para o fomento da actividade deportiva mediante ditos convenios.



Concesión de licenzas


Ademais, a Xunta de Goberno deu conta tamén das licenzas aprobadas desde a última reunión do mesmo órgano. En total, o Concello concedeu 261 permisos, dos que 32 son licenzas urbanísticas, 165 permisos de obra en réxime de comunicación previa, 40 permisos de actividade no mesmo réxime e 15 máis, tamén de actividade, con declaración responsable. 


O Concello destina 334.000 euros para as entidades deportivas

Te puede interesar