Jorquera presenta o equipo " de cambio de rumbo que a cidade precisa"

Jorquera presenta o equipo " de cambio de rumbo que a cidade precisa"

A candidatura do BNG para as eleccións municipais do 28 de maio, rexistrada o pasado xoves diante da Xunta Electoral, configura “o equipo que está chamado a protagonizar o cambio de rumbo que a cidade precisa”, afirma o candidato do Bloque á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera. Após o rexistro da lista, os 27 candidatxs da formación nacionalista reuníronse na Coiraza do Orzán para protagonizaren unha fotografía de grupo. 


“Concorremos a estas eleccións, cun triplo aval: o traballo feito durante o mandato en María Pita, a experiencia exitosa dos distintos gobernos municipais do BNG –de Pontevedra a Carballo- e unha candidatura caracterizada tanto pola súa solidez e solvencia como polo seu amor, a súa paixón pola Coruña”, destaca.


Jorquera remarca que a do BNG “é unha candidatura que se caracteriza pola presenza de moitas persoas novas e preparadas.  Porque aspiramos a unha Coruña capaz de reter o talento e na que a mocidade poida vivir e realizar o seu proxecto vita. É unha lista con persoas de perfil profesional variado: traballadores, profesionais, xestores empresariais…”.


E é tamén unha candidatura moi representativa da cidade de barrio que somos e, por tanto, inclúe ”persoas implicadas nos movementos sociais e no tecido asociativo. Veciñas e veciños dos distintos barrios da cidade”, salienta Jorquera.


En definitiva, é “unha candidatura preparada para gobernar esta cidade, para o facer en diálogo permanente coa veciñanza e co obxectivo de que A Coruña desenvolva todo o seu enorme potencial, económico, social, cultural...”.


“O 28 de maio as coruñesas e os coruñeses elixirán basicamente entre tres opcións: ou catro anos máis do mesmo co PSOE ou o retorno ao pasado do PP ou o cambio de rumbo que representa o BNG para lle dar á Coruña o impulso que a nosa cidade precisa”, conclúe Jorquera.

 

Candidatura do BNG da Coruña eleccións municipais 28 de maio de 2023

 

1.       Francisco Jorquera Caselas

2.       Avia Veira González

3.       Mercedes Queixas Zas

4.       David Soto Díaz

5.       Ignacio Siota Mouzo

6.       Guadalupe Martínez Junquera

7.       Jorge Castro Ruso

8.       María Seijo García

9.       Raimundo Martínez Fraga

10.   Carlos Varela Souto

11.   Celia Armas García

12.   Manuel Francisco Méndez López

13.   Keina Espiñeira González

14.   Iria Buxán Raposo

15.   Fiz Seixo Vázquez

16.   Rocío Gómez Lema

17.   Iago Pazos Díaz

18.   Belén Gallart Concheiro

19.   Xabier Pérez Couto

20.   Pablo Méndez Carreira

21.   Teresa Ramiro Fernández

22.   Manuel Bouzón Vila

23.   Nicolás Neira Rivera

24.   Beatriz Gómez Amigo

25.   Jorge González Fernández

26.   Teresa Castro Ferreiro

27.   Xosé Luís Armesto Barbeito

     

SUPLENTES

1.       Beatriz Maceda Abeleira

2.       Miguel Pernas Cora

3.       Andrea Ramos Queixas

4.       Xosé María Calatayud Sánchez

5.       Marisol Mirás Mouro

6.       Eduardo Freire Bargados

7.       María Gutiérrez Calvete

8.       Paulo Carballada Rodríguez 



 

Jorquera presenta o equipo " de cambio de rumbo que a cidade precisa"

Te puede interesar