A frota galega amosa preocupación polo recorte de pescada do Gran Sol

Confrarías piden ao novo comisario que non se fixe “tanto” no ambiental e mire os efectos socioeconómicos
A frota galega amosa preocupación polo recorte de pescada do Gran Sol
Barcos de pesca, amarrados no porto de Burela, en Lugo | Aec

A frota galega amosou preocupación pola redución do 20% na cota de pescada do Gran Sol como resultado do pacto da Unión Europea sobre os topes para 2025. Respecto ao resto de especies, valora que ao sector de Galicia non lle foi “tan mal” este ano.


O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero, tamén patrón maior en Burela (Lugo), resaltou que a distribución centra a preocupación dos pescadores galegos na pescada norte, ademais de no xurelo.


Pola súa banda, Sergio López, da organización de produtores de Burela, incidiu na relevancia que para a súa frota ten esa pescada do Gran Sol, de aí a “mala nova” da diminución do 20%. En calquera caso, “era peor” a baixada de case o 30%, que era a proposta inicial. “Veremos o efecto”, advertiu.


E é que esta “mala nova” pode ser “mellor ou peor” ao longo do exercicio que vén, segundo evidencia, en función do volume de capturas de pescada que consuma a frota. O que si anticipa é ese “efecto limitante”.

 


Para a frota de litoral, López, como Otero, indicou que “a maioría son boas noticias”, polas cotas acadadas para especies como a pescada sur, o bocarte, o galo, o rape e o lagostino, entre outras.

 

“Bastante ben”


O presidente da Federación de Confrarías Galegas, José Antonio Pérez Sieira, corroborou que na repartición dalgunhas especies a frota galega sae “bastante ben” parada este ano. Neste senso, apuntou á posibilidade de facer pesca dirixida de xurelo na zona VIII. 

 

Con todo, Pérez Sieira lembrou que queda “moitísima frota” de Galicia que aínda faena no Gran Sol, “barcos da Coruña, Vigo, Ribeira...” Por iso lamentou o impacto que ten o recorte de pescada nese caladoiro. 

 

Co foco na “destrución” de frota no Mediterráneo, o responsable dos depósitos de Galicia aproveitou para pedir ao novo comisario do ramo que non se fixe “tanto” no ambiental e “mire un pouco máis” os efectos socioeconómicos da pesca.


Pola súa banda, a eurodiputada do BNG, Ana Miranda, criticou este mércores o resultado das negociacións entre a UE y o Reino Unido, lamentando que “no teñan en conta a situación do sector en Galicia”. O BNG explicou que “o Reino Unido sigue a condicionar a política pesqueira mentres Galicia queda por debaixo do que debería pescar”, dixo Miranda. 

 

Mala negociación

 

Dende o Executivo galego, o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, considerou que o Goberno central “nin fixo o seu traballo, nin negociou correctamente a repartición das cotas pesqueiras do Gran Sol”. 

 

Villares remarcou que o Executivo central “non conseguiu cambios significativos coa negociación e non achegou argumentos para corrixir a distribución dos límites de capturas deste caladoiro”.

 

A frota galega amosa preocupación polo recorte de pescada do Gran Sol

Te puede interesar