Falece unha muller en Moaña ao precipitarse o coche ao mar tras un acelerón do condutor

Falece unha muller en Moaña ao precipitarse o coche ao mar tras un acelerón do condutor
Un agente de la Guardia Civil, de espaldas, junto a un vehículo oficial.

O condutor do coche sinistrado no Paseo de Domaio, en Moaña (Pontevedra), “acelerou notablemente” antes de que o vehículo se precipitase ao mar (de onde foi recuperado o cadáver da muller que o acompañaba), segundo sinalaron algunhas testemuñas, e o subdelegado do Goberno na provincia, Abel Losada, recoñeceu que, neste suceso, acontecido sobre as 05.00 horas de onte, “hai indicios preocupantes”, xa que o condutor ten antecedentes por violencia de xénero, aínda que apelou á prudencia mentres se desenvolve a investigación por parte da Garda Civil.


Nunhas declaracións remitidas aos medios de comunicación, Abel Losada subliñou que os investigadores non descartan ningunha hipótese acerca da morte da muller, Fadwa A., de 41 anos de idade, marroquí e veciña de Pontevedra, cuxo cadáver –que presentaba polo menos un golpe preto da boca– foi sacado da auga cando se levaban a cabo os traballos de retirada do coche afundido no mar.

 

Rescate


O condutor, A.C.T., de 47 anos de idade e veciño de Moaña, foi rescatado despois de poñerse a salvo no teito do vehículo, e foi trasladado nunha ambulancia medicalizada co equipo do PAC de Cangas ao hospital Povisa de Vigo. O home presentaba signos de hipotermia e perda de consciencia.


A Garga Civil detivo finalmente onte a A.C.T., como presunto autor dun delito de homicidio, pola morte da mujer que o acompañaba no vehículo. Os axentes procederon á súa detención por un suposto homicidio “no ámbito da violencia de xénero” no hospital Povisa de Vigo.


“Hai que ser moi prudente, porque a investigación está en marcha, pero o certo é que unha muller perdeu a vida ao precipitarse á auga un coche conducido por un home. E hai testemuñas que indican que o vehículo acelerou notablemente e penetrouse nunha zona peonil antes de caer á auga”, afirmou Abel Losada. 


Após expresar as súas condolencias a familiares e achegados da muller, “e por extensión a todas as mulleres, porque cada vez que falece unha muller en circunstancias terribles dóenos a todos como sociedade”, o subdelegado sinalou que o condutor do coche ten antecedentes e figura no sistema VioGén de seguimento de casos de viokencia de xénero.

 

Estivera en prisión


O home estivo en prisión e foi condenado pola Audiencia Provincial de Pontevedra por uns “feitos violentos” no ámbito da violencia de xénero acontecidos en 2012. 

 

De feito, tivo en vigor até 2020 unha orde de afastamento con respecto a aquela vítima. Losada tamén confirmou que a muller falecida onte, non estaba no sistema VioGén e, polo tanto, “non había ningunha medida de protección ao redor dela”.


“Se se confirma a orixe machista desta morte, romperiamos unha serie positiva de 15 meses”, lamentou o subdelegado, tras lembrar o último fiminicidio na provincia en xuño de 2023 (o asasinato dunha muller nas inmediacións dun camping de Oia, a mans da súa exparella). 

 

Falece unha muller en Moaña ao precipitarse o coche ao mar tras un acelerón do condutor

Te puede interesar