Sito Miñanco obtén o terceiro grao á espera de ser xulgado pola súa última causa aberta

O xuízo pola Operación Mito comezará na Audiencia Nacional o próximo día 18 de novembro
Sito Miñanco obtén o terceiro grao á espera de ser xulgado pola súa última causa aberta
Sito Miñanco, á súa chegada á Audiencia de Pontevedra | Aec

José Ramón Prado Bugallo, máis coñecido como Sito Miñanco, obtivo o terceiro grao penal e está á espera de ser xulgado pola súa última causa aberta, a denominada Operación Mito. 

 

Segundo fontes xurídicas, o cambadés, acordado polo xuíz de vixilancia penal, atópase no Centro de Inserción Social (CIS) de Segovia.


Dese xeito, pola semana Miñanco sae a traballar de luns a venres, pero ten a obriga de durmir no centro. Ademais, as fins de semana pode saír desde o venres á tarde ata o domingo pola tarde.


Miñanco encara os últimos días antes de ter que volver sentar no banco dos acusados da Audiencia Nacional, como xa fixo en dúas ocasións anteriores. 

 

Así, o próximo 18 de novembro comezará o xuízo pola Operación Mito contra Pardo Bugallo; o avogado do expresidente catalán Carles Puigdemont, Gonzalo Boye –por un presunto delito de branqueo de capitais– e a outras 46 persoas físicas e cinco xurídicas pola súa presunta implicación.


A vista oral estenderase ata o 30 de xaneiro de 2025 e, previsiblemente, celebraranse ata 20 sesións. Terá lugar na sede da Audiencia Nacional de San Fernando de Henares.

 

Rede de narcotráfico


Todos os acusados gardan unha suposta relación coa Mito, centrada na rede que supostamente dirixía Sito Miñanco e que tentou introducir, sen éxito, en España máis de 4.000 quilos de cocaína en dous operativos diferentes que foron truncados polos investigadores que lle seguían a pista desde 2016.


Esa organización, segundo a xuíz, dedicábase principalmente á importación e distribución de substancias estupefacientes –especialmente cocaína– e ao branqueo de capitais. 


De esta maneira, mentres algúns membros da rede tiñan como encargo exclusivamente facilitar o diñeiro en ‘B’, un terceiro utilizaba falsos créditos entre familiares para poder ter unha xustificación da entrega dese diñeiro nas súas contas, mentres que outro integrante da rede empregaba a súa empresa de seguridade para emitir facturas falsas. 

Sito Miñanco obtén o terceiro grao á espera de ser xulgado pola súa última causa aberta

Te puede interesar