A Xunta presenta a serie audiovisual en galego 'De aquí para alá'

A Xunta presenta a serie audiovisual en galego 'De aquí para alá'
Con motivo do Día Europeo das Linguas 2022, a Xunta propón este proxecto para o público infantil | Javier Alborés

O secretario xeral de política Lingüística, Valentín García, participou onte na presentación do proxecto didáctico musical De aquí para alá, creado pola pedagoga da Linguaxe e a Educación Musical Lydia Botana.


Con motivo do Día Europeo das Linguas 2022, que terá lugar o vindeiro 26 de setembro, a Xunta pon a disposición das familias e da comunidade educativa este proxecto  para un público infantil pensado para o achegamento a outras culturas e linguas desde o idioma galego. Os 14 episodios que o conforman contan a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.


O proxecto conta con 21 cancións acompañadas de animacións e coreografías para bailaren os nenos, uns temas que nos levan nunha viaxe musical polo mundo para coñecermos os seus instrumentos e as súas melodías (jazz, rap, samba, reggae, ska, clásica, tradicional balcánico e galego, pop, etc.).


As cancións están gravadas por Lydia Botana, que canta e toca máis de 30 instrumentos musicais diferentes, e conta cunhas colaboracións estrelas nalgunhas pezas coma seu pai Vitín na guitarra eléctrica, Xabier Díaz nas percusións, Javier Cedrón ao violín, Guilhem Lacadée na trompeta e Pedro Lamas ao saxofón soprano.

 

Todos os capítulos, dispoñibles ao público, iranse subindo cada mércores pola mañá ata completar os 14 totais no Portal da Lingua Galega.

A Xunta presenta a serie audiovisual en galego 'De aquí para alá'

Te puede interesar