A Xunta promociona en Madrid Fusión produtos galegos de calidade

A comunidade está representada neste prestixioso evento cun expositor de 480 metros cadrados
A Xunta promociona en Madrid Fusión produtos galegos de calidade
Martín Alemparte, nun momento da súa visita de onte ao espazo de Galicia en Madrid Fusión | Xunta de Galicia

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, apoiou este luns coa súa presenza a promoción dos produtos alimentarios de calidade diferenciada da comunidade no marco 23 edición de Madrid Fusión-Alimentos de España, un dos eventos gastronómicos máis importantes do mundo adicado aos profesionais deste sector e que se celebra na capital de España ata mañá.


A Xunta, por medio das consellerías de Mar e de Medio Rural, conta cun espazo de 480 metros cadrados para a promoción do potencial gastronómico e alimentario de Galicia, no que están representados dez coexpositores de Medio Rural e nove de Mar. Ademais, na aula de catas compartida levará a cabo un completo programa cun total de 14 showcookings, degustacións e presentacións de produtos galegos con calidade diferenciada da terra e do mar.

O obxectivo do Goberno rexional é promover o potencial alimentario e gastronómico da autonomía
 


Na noite ten lugar unha gala de Madrid Fusión 2025 na Real Casa de Correos, sede da Presidencia da Comunidad de Madrid, cunha asistencia aproximada de 450 persoas, entre elas o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, e o propio director da Axencia Galega dá Calidade Alimentaria. Neste evento, Galicia conta cunha mesa de degustación de produtos galegos de calidade diferenciada elaborados por un chef de prestixio elixido pola organización.


Hoxe, ás 14.30 horas, no espazo Wine Edition de Madrid Fusión levará a cabo unha cata de diferentes viños tintos galegos, entre eles os premiados na Cata dos Viños de Galicia 2024, que será conducida polo Master of Wine Fernando Moura, acompañado polo catador galego Jorge Vila, director da Galicia Wine Academy.

 

Percorrido vitivinícola


Tamén realizarase un percorrido vitivinícola polas denominacións de orixe galegas ante un auditorio de 50 profesionais do sector, e estará maridado con elaboracións culinarias de produtos galegos.


Terán un papel protagonista os tintos da denominación de orixe Ribeira Sacra, como parte do plan de reforzo da promoción deste produto que impulsa a Consellería do Medio Rural en colaboración co consello regulador. 


Ademais, o Goberno autonómico puxo en marcha o primeiro concurso da ‘mellor empanada de Madrid Fusión by Galicia’ promovido polas dúas consellerías e que seleccionará a mellor receita deste produto elaborada con ingredientes de calidade diferenciada. Son seis as receitas seleccionadas na fase final do concurso, que se levará a cabo na aula Polivalente de Madrid Fusión mañá ás 13.20 horas. 

A Xunta promociona en Madrid Fusión produtos galegos de calidade

Te puede interesar