Alén do crecemento

No marco actual de crise ecolóxica e social, o paradigma do crecemento económico volveuse insostible e inxusto. O modelo de desenvolvemento baseado no consumo ilimitado de recursos naturais e a xeración de desigualdades provocou graves problemas ambientais e humanos que ameazan o futuro da vida no planeta. Por iso, é necesario ir máis aló do crecemento e buscar alternativas que garantan o benestar de todas as persoas e o equilibrio ecolóxico. Ir máis aló do crecemento non só é desexable, é esencial para construír unha sociedade máis xusta, solidaria e sostible. O camiño que asegura o futuro para a humanidade tal e como a coñecemos agora.
 

Sen dúbida ningunha, o modelo económico vixente, baseado nun crecemento sen fin, chegou ao seu límite. Porque o crecemento económico continuo, especialmente baseado no consumo de combustibles fósiles, está a provocar un quecemento global catastrófico. Tamén pola procura infinita dun crecemento baseado no esgotamento dos recursos naturais, a destrución da biodiversidade e a acumulación de residuos e contaminación. Isto tamén expón riscos para a nosa saúde, as nosas economías e as nosas sociedades en xeral. Ademais, este modelo económico actual contribúe á desigualdade social e á exclusión. O acento no crecemento económico non se traduciu nunha distribución equitativa da riqueza ou das oportunidades. Contrariamente, provocou a concentración de riqueza e poder e nas mans duns poucos, deixando atrás a maioría social. Por se fora pouco, o modelo económico actual é absolutamente inestable e propenso ás crises, como se viu por exemplo durante na financeira de 2008 e na da pandemia sanitaria do Covid-19. A procura dun crecemento a porfía e teimoso creou un sistema económico mundial fráxil e vulnerable ás crises.
 

A semana próxima, preto de catro mil persoas participarán,  de xeito presencia ou en sesión virtual, na Conferencia “Máis aló do crecemento 2023”, unha iniciativa interparlamentaria que terá lugar no Parlamento Europeo organizada conxuntamente deputados deste parlamento (MPE) de cinco grupos políticos diferentes e outros non rexistrados a ningún concreto; iso que aquí chamamos non adscritos, xunto con máis de 60 organizacións asociadas. Con esta conferencia de tres días que reunirá a relatores de alto nivel da política da UE, o mundo académico, os sindicatos, as empresas e as organizacións da sociedade civil, o propósito declarado é desafiar a política convencional da UE e redefinir os obxectivos sociais en todos os ámbitos, afastándoo do prexudicial enfoque no crecemento económico como única base do modelo de desenvolvemento. Para apuntalar o futuro.

Alén do crecemento

Te puede interesar